Escudo da Cidade do Vaticano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
C o a Vatican City.svg

No escudo da Cidade do Vaticano figuran, nun campo de goles, dúas chaves entrecruzadas, unha de prata, apuntando cara á destra, e a outra de ouro, apuntando cara a sinistra; ambas as unidas cun cordón de goles ou azur. Sobre as chaves, no xefe aparece representada a tiara do pontífice. O escudo de armas do Estado Vaticano, aparece regulado na Lei fundamental do Estado da Cidade do Vaticano, de 26 de novembro de 2000.

As chaves entrecruzadas son as chaves de San Pedro. A chave de ouro ademais representa ao poder espiritual da Igrexa católica e a de prata a súa poder temporal. O cordón é o símbolo do vínculo entre os dous poderes. As chaves son, dende o século XIV, símbolo da Santa Sé. A tiara está composta por tres coroas que representan as atribucións do papa como "pastor", "mestre" e "supremo sacerdote" da Igrexa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Símbolos da Cidade do Vaticano