Escudo de Suecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Escudo do Reino de Suecia.

Suecia ten dous escudos nacionais: un pequeno e outro grande, conforme á lei que os regula vixente dende 1982. Na meirande parte dos casos emprégase oficialmente o escudo pequeno, que ten tres coroas abertas de oyro sobre campo azur (azul), superpostas dúas sobre unha. O escudo está rematado cunha coroa real e, eventualmente, vai rodeado tamén o colar da Orde dos Serafíns, fundada en 1748 é a condecoración de maior rango en Suecia.

O escudo das tres coroas é utilizado como símbolo de Suecia polo menos dende 1336. As tres coroas eran en aquel entón un símbolo moi coñecido dos Reis Magos. Outra teoría sobre o significado do escudo sinala que o rei Magnus Eriksson (13191364) adoptouno como símbolo do seu título de "rei de Suecia, Noruega e Escania".

Escudo pequeno de Suecia.

O escudo grande é o brasón do monarca e tamén é usado en ocasións solemnes polo Goberno e o Parlamento. A súa composición foi creada xa na quinta década do século XV no selo do rei Carlos VIII Knutsson, utilizándose desde entón. Componse do escudo do tres coroas, combinado co chamado león dos Folkungar, o escudo da liñaxe que dirixiu os destinos de Suecia de 1250 a 1364. Sobre o centro do escudo aparece un escusón co brasón da dinastía gobernante (Casa de Bernadotte), é dicir, o brasón configurado na segunda década do século XIX para o príncipe herdeiro recentemente elixido, o mariscal francés Jean Baptiste Bernadotte, que adoptou o nome de Carlos XIV Xoán. O escusón leva unha gavilla que lembra á dinastía dos Vasa (1523-1654), xunto cunha ponte que representa o principado de Pontecorvo en Italia (obsequio a Bernadotte do emperador Napoleón en 1806), a aguia napoleónica e sete estrelas.