Escudo de Chipre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coat of Arms of Cyprus.svg

No escudo de Chipre aparece nun campo de ouro, símbolo dos depósitos de mineral de cobre que posúe o país, unha pomba de prata cunha rama de oliveira no peteiro, o coñecido símbolo da paz. Baixo a pomba, na punta do escudo, unha data, "1960", ano en que Chipre se independizou do control exercido polo Reino Unido. O escudo aparece rodeado por dúas ramas de loureiro ligadas.