Escudo de Serbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coat of arms of Serbia.svg

A versión actual do escudo de Serbia foi adoptada oficialmente polo seu parlamento o 17 de agosto de 2004, unha versión do que fora o escudo do desaparecido Reino de Serbia. No mesmo figura, nun campo de goles, unha aguia bicéfala de prata con pico e garras de ouro, está acompañada por dúas flores de lis, de ouro, situadas aos lados da punta do escudo.

A aguia porta no seu peito outro brasón cun campo de goles cunha cruz grega de prata e, do mesmo metal, o catro letras iniciais da lema: "Само слога Србина спашава/Samo Sloga Srbina Spašava" (Só a unidade salva aos serbios). Estas iniciais, nun primeiro momento, representaban a letra B do lema bizantino: "Basilevs Basileon Basilevon Basileonton" (Rei de reis, que reina sobre reinos). Estes elementos foron introducidos en Serbia procedentes de Grecia mais os trazos da inicial B terminaron confundíndose coa letra C (son /s/) do moderno alfabeto cirílico e pasaron a simbolizar o primeiro lema mencionado. Ao timbre é una coroa real pechada de ouro e de fondo hai un manto real de púrpura, gornecido de ouro e forrado de armiño, alzado con cordas de ouro que terminan en borlas de ouro e cimado cun baldaquino de púrpura, bordeado de ouro sobre o que descansa outra coroa real.

Ao recuperarse o antigo escudo de Serbia, optouse por manter todos os seus elementos a pesar de que non se restaurou a monarquía. Existe unha versión, o escudo grande, na que se engade aos elementos anteriores. Existe unha versión pequena do escudo sen o manto nin a coroa superior coñecido como kokarda.