Trevo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.


Trevo
Irish clover.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Xénero: Trifolium
Nome científico
Trifolium sp.
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

Os trevos son plantas herbáceas da familia das Fabáceas, pertencentes ao xénero Trifolium.

Están caracterizados polas súas follas compostas con tres folíolos e máis pola súa capacidade de fixar atmosférico grazas a bacterias simbióticas acubilladas nas súas raíces. A riqueza en proteínas dalgunhas especies convértea nunha das plantas preferidas para formar padrerías destinadas á alimentación de ruminantes de cría.

Encontrar exemplares, máis raros, con follas de catro folíolos (trevo de catro follas) tense popularmente por signo de boa sorte para quen os atope.

[editar] Características comúns

Flor do trevo

Son plantas herbáceas, polo xeral de pequena talla, algunhas rubideiras, que poden ser vivaces, anuais ou bianuais. Follas de tres folíolos, case sempre dentados, ás veces pintados no seu centro. Flores numerosas agrupadas en cabezas, que lembran capítulos, racimiños ou espigas. Cálice de cinco dentes, corola típica de fabáceas (estandarte, ás e carena), con as ás máis longas que a carena, e con un estandarte erguido, en xeral incurvado para o arriba na maioría das especies. O androceo é diadelfo (estames enxameados en dous grupos). Os froitos son pequenas vaíñas no interior do cálice, que conteñen de un a catro graos.
Cultívanse varias especies como plantas forraxeiras. Son tamén plantas melíferas.

Os trevos medran en chans húmidos e ben drenados, dende a primavera ata o inverno.

[editar] Especies

Trevo de catro follas

Ferramentas persoais