Santuario de Arantzazu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santuario de Arantzazu
Vista do santuario.
Datos xerais
PaísEspaña España
RexiónPaís Vasco País Vasco
TipoBasílica menor
AdvocaciónSanta María
LocalizaciónOñati
Coordenadas42°58′44″N 2°23′55″O / 42.9789, -2.39861Coordenadas: 42°58′44″N 2°23′55″O / 42.9789, -2.39861
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseDiocese católica latina de Donostia
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores
Arquitectura
Páxina webarantzazu.org
Santuario de Arantzazu en País Vasco
Santuario de Arantzazu
Santuario de Arantzazu
editar datos en Wikidata ]

Santuario de Arantzazu (en éuscaro: Arantzazuko santutegia) é un santuario franciscano que se atopa no concello de Oñati (Alta Deba, Guipúscoa), a unha altitude de 750 m sobre o nivel do mar, ó pé do Aitzkorri.

Dedicado á Virxe de Arantzazu, que se presentou en 1468 ó pastor Rodrigo de Balzategui. É un símbolo para o País Vasco e un lugar de peregrinación para os crentes e de visita para todos os turistas.

A basílica de hoxe propúxose no ano 1950 e a súa construción foi rematada en 1955. É o traballo dos arquitectos Francisco Javier Sáenz de Oiza e Luis Laorga, do colexio de arquitectos de Madrid. O escultor Jorge Oteiza realizou a fachada principal, o pintor Lucio Muñoz Martínez, a decoración da ábsida, o escultor Eduardo Chillida, as principais portas de acceso, Fra Javier María Álvarez de Eulate foi o encargado de vidreiras e o pintor Néstor Basterretxea da decoración das paredes da cripta.[1][2][3][4]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]