Jared Jeffries
| Portland Trail Blazers – No. 1 | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de novembro de 1981 (31 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
| Peso | 109 kg (240 lb) |
| Instituto | Bloomington North HS |
| Información da carreira | |
| Universidade | Indiana |
| NBA Draft | 2002 / Rolda: 1 / Elección: 11
Escollido por Washington Wizards |
| Carreira | dende 2002 |
| Historial de equipos | |
| Washington Wizards (2002-2006) New York Knicks (2006-2010) Houston Rockets (2010-2011) New York Knicks (2011-2012) Portland Trail Blazers (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Jared Scott Carter Jeffries, nado o 25 de novembro de 1981 en Bloomington, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA). Xoga de ala-pivote ou de pivote, pero ás veces xogou de titular coma escolta nos Washington Wizards, equipo que o elixiu no Draft.
Índice |
NBA[editar]
Jeffries foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Washington Wizards, equipo onde xogou as súas primeiras 4 tempadas na NBA.
Os New York Knicks ficharon a Jeffries o 8 de agosto de 2006, despois de que os Wizards rexeitaran igualar a oferta dos Knicks.[1] Pouco antes do comezo da tempada, Jeffries sufriu unha lesión no pulso[2] e perdeuse os 23 primeiros partidos da tempada. O 16 de decembro de 2006, Jeffries viuse envolto na liorta dun Knicks-Nuggets e foi suspendido por catro partidos.
O 18 de febreiro de 2010, foi traspasado aos Houston Rockets xunto a Jordan Hill, como parte dun traspaso a tres bandas que mandou a Tracy McGrady aos New York Knicks. Jeffries acordou o remate do seu contrato cos Rockets o 25 de febreiro de 2011.[3] O 1 de marzo de 2011, Jeffries voltou aos Knicks.
O 16 de xullo de 2012, Jeffries, Dan Gadzuric, os dereitos de Kostas Papanikolaou e Giorgos Printezis, e unha elección de Draft de segunda rolda foron traspasados ós Portland Trail Blazers a cambio de Kurt Thomas e Raymond Felton.[4]
Notas[editar]
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
||||||||