Dan Gadzuric
| Axente libre | |
| Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de febreiro de 1978 (35 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
| Peso | 109 kg (240 lb) |
| Instituto | Governor Dummer Academy |
| Información da carreira | |
| Universidade | UCLA |
| NBA Draft | 2002 / Rolda: 2 / Elección: 33
Escollido por Milwaukee Bucks |
| Carreira | dende 2002 |
| Historial de equipos | |
| Milwaukee Bucks (2002-2010) Golden State Warriors (2010-2011) New Jersey Nets (2011) Jiangsu Dragons (2011) Texas Legends (NBA D-League) (2012) New York Knicks (2012) |
|
| Información en nba.com | |
Dan Gadzuric, nado na Haia o 2 de febreiro de 1978, é un xogador profesional de baloncesto neerlandés que actualmente é axente libre. A súa nai é Serbia e o seu pai de San Vicente e as Granadinas.
Índice |
Carreira [editar]
Universidade [editar]
Gadzuric xogou ao baloncesto universitario en UCLA, entre 1998 e 2002, onde fixo 10,5 puntos e 7,3 rebotes.
Profesional [editar]
Foi elixido por Milwaukee Bucks na quinta posición da segunda rolda do Draft da NBA de 2002. A súa tempada de maior rendemento foi a de 2004-05, onde xogou 81 partidos e todos de titular, promediando 7,3 puntos e 8,3 rebotes, e onde rematou na sétima posición dos mellores reboteadores ofensivos da NBA, a pesar de xogar tan só 22 minutos por partido. O 22 de xuño de 2010, Gadzuric, xunto a Charlie Bell, foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio de Corey Maggette.
O 16 de xullo de 2012, Gadzuric, Jared Jeffries, os dereitos de Kostas Papanikolaou e Giorgos Printezis, e unha elección de Draft de segunda rolda foron traspasados ós Portland Trail Blazers a cambio de Kurt Thomas e Raymond Felton.[1] O 19 de xullo de 2012, foi cortado polos Trail Blazers.
En setembro de 2012, Gadzuric uniuse ós Philadelphia 76ers para os seus adestramentos.[2] Porén, non conseguiu entrar no plantel final.[3]