Melvin Ely

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Melvin Ely
Memphis Grizzlies – No. --
Pivote / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 2 de maio de 1978 (36 anos)
Flag of Illinois.svg Harvey, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso 111 kg (245 lb)
Instituto Thornton Township
(Harvey, Illinois)
Información da carreira
Universidade Fresno State (1998–2002)
NBA Draft 2002 / Rolda: 1 / Elección: 12

Escollido por Los Angeles Clippers

Carreira dende 2002
Historial de equipos
Los Angeles Clippers (2002-2004)
Charlotte Bobcats (2004-2007)
San Antonio Spurs (2007)
New Orleans Hornets (2007-2009)
Denver Nuggets (2009-2011)
Brujos de Guayama (2012)
Texas Legends (2012-2013)
Memphis Grizzlies (2013-presente)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2007)
Información en nba.com

Melvin Anderson Ely, nado en Harvey (Illinois) o 2 de maio de 1978, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA). Con 2,08 metros de altura xoga de aleiro.

Carreira[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Baixo o mando do adestrador Jerry Tarnakian nos Fresno State Bulldogs, Ely liderou ó equipo a dúas aparicións no torneo da NCAA, no 2000 e no 2001. Ademais gañou premio ó Xogador do Ano da WAC en dúas tempadas consecutivas, 2001 e 2002.

NBA[editar | editar a fonte]

Ely foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Los Angeles Clippers. Tras dúas tempadas nos Ánxeles cun tempo de xogo limitado, Ely foi traspasado xunto ó seu compañeiro Eddie House o 14 de xullo de 2004 ós Charlotte Bobcats, a cambio de dúas eleccións de segunda rolda do Draft de 2005 o 2006. O 2 de outubro de 2006, rexeitou ofertas dos Golden State Warriors e dos Phoenix Suns para quedarse nos Bobcats e asinar un contrato dun ano e 3 millóns de dólares.[1]

O 13 de febreiro de 2007, foi traspasado ós San Antonio Spurs a cambio de Eric Williams e unha elección de segunda rolda do Draft de 2009.[2] Xogou tan só 6 partidos cos Spurs, facendo 3.2 puntos e 2.3 rebotes por encontro. Gañou o anel de campión cos Spurs pese a non xogar ningún minuto nos Playoffs.

Na postempada de 2007, Ely asinou cos New Orleans Hornets un contrato de dous anos.[3][4]

En 2012, Ely asinou cos Brujos de Guayama de Porto Rico.[5]

O 27 de outubro de 2012, Ely asinou cos Dallas Mavericks.[6][7] Ó seguinte día, foi cortado, e posteriormente asinou cos Texas Legends da NBA D-League.[8]

En setembro de 2013, Ely fichou polos Memphis Grizzlies.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]