Dinar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dinar de prata cuñado en Madinat al-Salam (Bagdad) en 170 AH [1] (786 d.C.). No reverso, a inscrición marxinal di: "Por orde do escravo de Deus Harun, Emir dos Crentes (Harún al-Rachid).

O dinar é a unidade monetaria de diversos estados do mundo, a maioría dos cales de lingua árabe ou que antigamente formaran parte do Imperio otomán, xa que historicamente foi usado en terras musulmás, desde tempos do Califato abasí de Bagdad.

A palabra "dinar" (دينار en árabe e en persa) ten a mesma orixe que o vocábulo diñeiro, xa que ambas as dúas derivan do denario (denarius) romano.

Índice

[editar] Orixe

O dinar ten a súa orixe na antiga moeda araboislámica de ouro que se empezou a cuñar a finais do século VII, e que tiña un peso que, segundo as épocas, oscilaba entre os 3,85 g e os 4,25. Nos seus inicios era unha imitación dos modelos bizantinos, pero pronto adquiriu carácter propio e definido, até o punto que foi imitado fóra dos territorios califais.

[editar] Estados que usan actualmente o dinar como moeda

[editar] Estados e territorios que usaran noutros tempos o dinar como moeda

[editar] Notas

  1. Ano da héxira.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas