Aikido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tanka-tsuba-p1010068 Rama 300.jpg
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Nikyo omote

Aikido (合気道 Aikidō) é un gendai budo, (arte marcial moderna xaponesa). Os practicantes de aikido coñécense como aikidoka.
O aikido desenvolveuno Morihei Ueshiba (coñecido entre os aikidoka como o-sensei (翁先生)) entre 1930s e os 1960s. Tecnicamente gran parte do aikido deriva do Daitō-ryū Aiki-jūjutsu, unha forma de jujutsu con moitas técnicas conxuntas, e do kenjutsu.

O aikido é unha arte orientada á defensa, cunha fonda base filosófica, no que o defensor redirixe o movemento e a enerxía do ataque ao seu opoñente. É unha arte marcial difícil e require anos de práctica conseguir defenderse a partir das súas técnicas que se basean en movemento fluídos e circulares. Os aikidoka afirman que o aikido é unha vía que ensina a establecer a harmonía cun mesmo e cos máis.

O aikido carece de competicións.


[editar] Link

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas