Birlos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lanzamento.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bolo.

O xogo dos birlos consiste en lanzar unha bóla pesada a ras do chan cara a 10 pezas de madeira (chamadas birlos) colocadas verticalmente nunha posición determinada, situadas ó final dunha pista de 19,2 metros de lonxitude e 1,06 metros de anchura, co obxectivo de derrubar a maior cantidade delas. A bóla é esférica e ten 3 buratos polos cales meter os dedos para dominar a forza e a dirección do lanzamento. O peso das bolas pode variar entre as 9 e as 16 libras, ou sexa, entre 4,08 e 7,25 kilogramos.

Os birlos colócanse ó final da pista, equidistantes 30,5 centímetros uns dos outros, formando un triángulo equilátero, cunha das puntas do triángulo apuntando cara o lanzador.

Unha partida de birlos consta de 10 turnos de lanzamento. A puntuación consiste en sumar a cantidade de birlos derrubados. En cada turno, cada xogador dispón de dúas oportunidades para derrubar tódolos birlos. Denomínase strike cando un xogador derruba os 10 birlos no primeiro lanzamento dun turno. Nese caso, a puntuación que acade nos seus seguintes dous lanzamentos multiplícase por 2. Denomínase spare cando un xogador derruba os 10 birlos no conxunto dos dous lanzamentos dun turno. Nese caso, a puntuación que acade no seu seguinte lanzamento multiplícase por 2. No caso de acadar un strike ou un spare no 10º turno de lanzamento, pódese lanzar unha vez máis.

Deste xeito, a máxima puntuación que se pode acadar nunha partida de birlos é 300. Acadaríase esa puntuación facendo 12 strikes consecutivos.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas