Corey Maggette
| Detroit Pistons – No. 50 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de novembro de 1979 (33 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,98 m (6 ft 8 in) |
| Peso | 102 kg (223 lb) |
| Instituto | Fenwick, Illinois |
| Información da carreira | |
| Universidade | Duke |
| NBA Draft | 1999 / Rolda: 1 / Elección: 13
Escollido por Seattle SuperSonics |
| Carreira | dende 1999 |
| Historial de equipos | |
| Orlando Magic (1999–2000) Los Angeles Clippers (2000–2008) Golden State Warriors (2008–2010) Milwaukee Bucks (2010–2011) Charlotte Bobcats (2011–2012) Detroit Pistons (2012–presente) |
|
| Información en nba.com | |
Corey Antoine Maggette, nado o 12 de novembro de 1979 en Melrose Park, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto que xoga nos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA) e xoga na posición de aleiro.
Índice |
Traxectoria [editar]
Universidade [editar]
Procedente do Insituto Fenwick en Oak Park, Illinois, Maggette asistiu á Universidade de Duke, onde estivo unha tempada na que fixo 10,6 puntos e 3,9 rebotes por partido. Esa tempada, os Blue Devils chegaron á final da NCAA liderados por Elton Brand, actual compañeiro de equipo de Maggette, aínda que perderon ante UConn Huskies.
NBA [editar]
Maggette foi seleccionado na posición 13ª polos Seattle SuperSonics no Draft da NBA de 1999, sendo inmediatamente traspasado a Orlando Magic. Nos Magic só pasou unha tempada, facendo 8,4 puntos e 3,9 rebotes por partido, antes de fichar por Los Angeles Clippers, o seu actual equipo.
Nos Clippers converteuse nun xogador moi respectado na liga, chegando a superar os 20 puntos de media en dúas tempadas consecutivas e liderando ao seu equipo en varios apartados estatísticos. A súa mellor campaña foi a de 2004-05, na que tivo unha media de 22,2 puntos, 6 rebotes e 3,4 asistencias en 36,9 minutos de xogo. Coñecido polas súas excelentes condicións atléticas e o seu excelente salto, participou no concurso de mates de 2001. O 10 de xullo de 2008 fichou polos Golden State Warriors coma axente libre. O 22 de xuño de 2010, Maggette foi traspasado aos Milwaukee Bucks a cambio de Charlie Bell e Dan Gadzuric.
O 26 de xuño de 2012, Maggette foi traspasado aos Detroit Pistons a cambio de Ben Gordon e unha futura elección de primeira rolda do Draft.[1]
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial
- Correy Maggette Online Website
- Perfil en nba.com
- Fotos de Corey Maggette
- Estatísticas de Corey Maggette
|
||||||||