Atlas (vértebra)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Atlas.
Atlas (vértebra)
Gray86.png
Primeira vértebra cervical ou Atlas
Gray305.png
Ligamento atlantoaxial e membrana atlantooccipital posterior (Atlas visible no centro)
Atlas, visión lateral.

O atlas é a primeira vértebra cervical. Estruturalmente presenta moitas diferenzas co resto de vértebras cervicais.

Índice

[editar] Estrutura

A diferenza do resto das vértebras cervicais, presenta:

  • Masas laterais: son dúas estruturas cúbicas, polo tanto con seis caras. Por diante continúanse co arco anterior. Por detrás continúanse co arco posterior. As caras internas presentan unha superficie irregular onde se insire o ligamento transverso do atlas, que divide o espazo entre os dous arcos nun anterior e outro posterior. As caras externas son ceibes. As superficies superiores presentan dúas cavidades, que se articulan coa concha do occipital. É unha dobre articulación con movementos de flexión e extensión. A superficie inferior articúlase coa segunda vértebra cervical (axis), establecendo unha artrodia con pequenos deslizamentos.
  • Arco anterior: vai de masa lateral a masa lateral por diante. O bordo anterior presenta o tubérculo anterior. O bordo posterior presenta unha superficie articular para a apófise odontoides do axis. Forma parte da articulación anterior atloido-odontoidea. É unha articulación trocoide, con movementos de rotación.
  • Arco posterior: vai de masa lateral a masa lateral por detrás. Na parte máis próxima ás masas laterais hai un suco para a arteria vertebral, unha de cada lado. Ascenden ó endocranio e forman o tronco basilar. No bordo posterior do arco hai outro tubérculo, o posterior.
  • Espazo anterior: queda delimitado polo bordo posterior do arco anterior e a parte anterior do ligamento transverso do atlas. Estará ocupado pola apófise odontoides do axis.
  • Espazo posterior: queda delimitado polo bordo posterior do ligamento transverso do axis e polo borde anterior do arco posterior. Estará ocupado pola medula espiñal e demais elementos adxacentes.

[editar] Articulación occípito-atloidea

É a articulación que artella o atlas co occipital. A articulación establecerase entre as superficies superiores das masas laterais e os cóndilos occipitais. Funcionalmente é unha bicondílea, con movementos de flexión-extensión do pescozo.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas