Cigala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cigala
Nephrops norvegicus.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorden: Astacidea
Familia: Nephropidae
Xénero: Nephrops
Especie: 'norvegicus'
Nome binomial
''Nephrops norvegicus''
(Linnaeus, 1758)

A cigala ou lagostino (Nephrops norvegicus), é un crustáceo decápodo da familia Nephropidae. Trátase dunha especie comestible moi apreciada polo seu sabor.

[editar] Descrición

Posúe un corpo e abdome alargados, estreitos e de menor robustez que o resto de especies da familia.

O primeiro par de patas torácicas é longo, con longas pinzas lixeiramente desiguais. Segundo e terceiro par tamén con pinzas. Segmento abdominal terminado nunha punta a cada lado. Ollos de córnea negra e moi inchada. Rostro con dúas cristas lonxitudinales; outras cristas no caparazón e as pinzas. Cor rosácea. Talla: 30 cm como máximo.

[editar] Bioloxía

Pasan o inverno en augas pouco profundas buscando algo de calor, aínda que é difícil de observar pois durante o día escóndese escavando no fondo fangoso e só sae á noitiña e ao amencer para alimentarse. O resto do ano buscan augas máis frías e profundas duns 100 m ou mesmo moito máis, até 800 m. Viven preferentemente sobre fondos brandos de area fina onde esconderse en galerías perforadas por eles mesmos, ás veces longas e con máis dunha saída para escapar.

No Mediterráneo occidental a época da desova vai desde xullo a febreiro. Os ovos son de cor verde ao principio e vólvense de cor vermella, que adoitan verse colgando da parte inferior do corpo da femia, osixenándoas con movementos das súas patas. Tras nacer tardan uns dous anos en alcanzar a idade adulta.

A cigala é un depredador que vive en solitario, cazando para alimentarse fundamentalmente de vermes poliquetos e de peixes.

[editar] Galería de imaxes

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas