Lipke Holthuis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lipke Bijdeley Holthuis, nado o 21 de abril de 1921 en Probolinggo, provincia de Jawa Timur (Xava oriental), Xava, Indonesia e finado o 7 de marzo de 2008 en Leiden, Países Baixos,[1] foi un carcinólogo holandés, considerado como un dos máis grandes de entre eles,[2] e "o máis importante carcinólogo do noso tempo".[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na metrópole, obtendo en 1946 o título de doutor en ciencias na universidade de Leiden.

Foi conservador asistente no Rijksmuseum van Natuurlijke Historie, ocupando este posto até a súa xubilación en 1986 coa categoría de conservador senior.

Holthius foi o máis prolífico carcinólogo do século XX, publicando 620 artigos (108 f dos cales en Leiden Museum Journals) totalizando 12 795 páxinas, cun promedio de 185 páxinas ao ano e de 21 páxinas por artigo. Estas publicacións versan sobre a maiortíua dos grupos de crustáceos, a súa historia natural e nomenclatura, e sobre a historia da carcinoloxía.[4] [5] [6]

Este fluxo constante de publicacións deu lugar á descrición de 428 novos taxa:

  • 2 familias,
  • 5 subfamilias,
  • 83 xéneros e
  • 338 wspecies.

67 taxa foron denominados na súa honra entre 1953 (Hippolyte holthuisi) e 2009 (Caridina holthuisi, Lysmata holthuisi).[7]

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura Holtius emprégase para recoñecer a Lipke Holthuis como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
  • A abreviatura Holtius emprégase para recoñecer a Lipke Holthuis como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Charles H. J. M. Fransen & Martien J. P. van Oijen (2008). "L. B. Holthuis, 'The institutional Memory' of the Leiden Museum - Obituary"". Contributions to Zoology 77 (3): 201–204. http://dpc.uba.uva.nl/cgi/t/text/get-pdf?c=ctz;idno=7703a03. 
  2. Peter K. L. Ng (2000): "Development and future direction of biodiversity collections in Southeast Asia", Raffles Museum of Biodiversity Research, 16 de xuño de 2000. [1].
  3. Chien-Hui Yang, I-Shiung Chen & Tin-Yam Chan (2008). "A new slipper lobster of the genus Petrarctus (Crustacea: Decapoda: Scyllaridae) from the West Pacific". Raffles Bulletin of Zoology Suppl. 19: 71–81. http://rmbr.nus.edu.sg/rbz/biblio/s19/s19rbz071-081.pdf. 
  4. Neil Cumberlidge & Sadie K. Reed (1 de xullo de 2003). "Scientists who have contributed to our knowledge of freshwater crab biology". http://www.nmu.edu/biology/Neil/MainFWC-website/FWCCarcinologists.html. 
  5. Hans G. Hansson (14 de novembro de 1997). "Biographical Etymology of Marine Organisms – H". http://www.tmbl.gu.se/libdb/taxon/personetymol/petymol.h.html. 
  6. Gerlof Leistra (5 de abril de 2008). Keizer van de kreeftachtigen. p. 101. 
  7. Fransen, C. H. J. M., De Grave, S., Ng, P. K. L. (2010): "In Memoriam Lipke Bijdeley Holthuis". En: Fransen, C. H. J. M., De Grave, S., Ng, P. K. L. Studies on Malacostraca: Lipke Bijdeley Holthuis Memorial Volume. Crustaceana Monographs, 14. Brill, Leiden. 754pp.