Pleociemados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pleociemados
(Pleocyemata)

Rango fósil: devónico - actualidade
Femia ovada de Potamon fluviatile co pleon mantido aberto para mostrar os ovos que leva nos pleópodos.
Femia ovada de Potamon fluviatile co pleon mantido aberto para mostrar os ovos que leva nos pleópodos.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Burkenroad, 1963
Infraordes
  • Véxase o texto

A dos pleociemados (Pleocyemata), do grego πλέω pléo, "nadar" e κυέω kyéo, "estar embarazada", é unha suborde de crustáceos decápodos fundada por Martin Burkenroad en 1963.[1]

A clasificación de Burkenroad substituiu as antigas subordes de Natantia (nadadores) e Reptantia (reptadores) polos grupos monofiléticos Dendrobranchiata e Pleocyemata.

Os pleociemados inclúen todos os membros dos reptadores (incluíndo cangrexos, lagostas, lumbrigantes, nécoras, cigalas e outros), así como os estenopodideos (Stenopodidea) e os carideos (Caridea) (que comprenden os camaróns).

Infraordes[editar | editar a fonte]

A suborde dos pleociemados comprende as infraordes seguintes::[2]

Estos taxons comparten unha serie de características, a máis importante delas é que os ovos fecundados son incubados polas femias e permanecen pegados aos pleópodos (patas nadadoras) até que están listos para eclosionar. É esta característica a que lle dá o nome ao grupo.

O fósil máis antigo representativo do grupo é Palaeopalaemon, do devónico.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Burkenroad, M. D. (1963). "The evolution of the Eucarida (Crustacea, Eumalacostraca), in relation to the fossil record". Tulane Studies in Geology 2 (1): 1–17.
  2. Sammy De Grave, N. Dean Pentcheff, Shane T. Ahyong et al. (2009). "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology Suppl. 21: 1–109. http://rmbr.nus.edu.sg/rbz/biblio/s21/s21rbz1-109.pdf.
  3. Robert P. D. Crean (2004): Order Decapoda: Fossil record and evolution. University of Bristol. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pleociemados

Outros artigos[editar | editar a fonte]