Nefrópidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nephropidae»)
Nefrópidos
Nephropidae

Rango fósil: paleoceno - actualidade [1]

Lumbrigante (Homarus gammarus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Astacidea
Superfamilia: Nephropoidea
Familia: Nephropidae
Dana, 1852
Subfamilias
Sinonimia
Homaridae Huxley, 1879 [2]

A dos nefrópidos (Nephropidae) é unha familia de crustáceos malacostráceos da orde dos decápodos, e infraorde dos astacideos, mariños, moitas de cuxas especies son moi apreciadas en gastronomía. Habitan en fondos oceánicos de boa parte do mundo.

Dentro desta familia están a cigala (Nephrops norvegicus), o lumbrigante (Homarus gammarus) e o lumbrigante americano (Homarus americanus).

Cómpre non confundilos coas lagostas, que pertencena á familia dos palinúridos.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Os nefrópidos viven en fondos rochosos, areosos ou lamacentos desde a liña costeira aé máis alá da plataforma continental. Xeralmente viven de forma solitaria en fendeduras ou tobos debaixo das rochas ou escavadas na area.

As condicións ambientais do hábitat onde viven poden variar dun océano a outro, pero a temperatura ambiente non presenta grandes flutuacións dado que habitan nunha inmensa masa de auga, que é o océano.

Características[editar | editar a fonte]

Son crustáceos de corpo de forma tubular, cuxa casca ten un rostro ben desenvolvido.

Os tres primeiros pares de patas terminan en pinzas (quelas). As pinzas do primeiro par son moito máis grandes que as dos outros.

As antenas son cilíndricas e moito máis longas que o corpo.

No rostro destacan dous ollos protuberantes protexidos por senllas proxeccións espiñentas.

Teñen que pasar uns 5 anos desde o seu estado larvario até que alcanzan o tamaño legal para o seu consumo.

Son depredadores e preeiros que se alimentan de moluscos e materia en descomposición doutros animais. Porén, tamén poden comer peixes, e escavar para encontrar ameixas e outros bivalvos, e así mesmo poden alimentarse de algas e os pequenos peixes que viven nelas.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1852 polo naturalista estadounidense James Dwight Dana.[1][2][3]

Segundo o ITIS, na actualidade recoñécense na familia as seguintes subfamilias cos seguintes xéneros actalmente viventes:

Familia Nephropidae Dana, 1852

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.