Pallacanestro Treviso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Benetton de Treviso")
Benetton Basket
Benettonlogo.jpg
Competición Italia Lega Basket Serie A
Fundado 1954
Cidade Véneto Treviso
Pavillón Palaverde (5.134)
Cores           Verde e branco
Historia A.P. Treviso
(1954-1991)
Pallacanestro Treviso
(dende 1991)
Presidente Giorgio Buzzavo
Adestrador Aleksandar Đorđević
Saporta 2 (1995, 1999)
Lega 5 (1992, 1997, 2002, 2003, 2006)
Coppa Italia 8 (1993, 1994, 1995, 2000, 2003, 2004, 2005, 2007)
Supercoppa 4 (1997, 2001, 2002, 2006)
Patrocinador Benetton
Vestimenta Macron
Sitio Web www.benettonbasket.it

O Benetton Pallacanestro Treviso é un club profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Treviso que xoga na Lega Basket Serie A. Fundado como Associazione Pallacanestro Treviso en 1954, en 1982 foi adquirido pola empresa Benetton, que fixo un investimento económico que situou ao club á altura dos mellores equipos italianos e europeos durante os anos 1990 e comezos do século XXI, nos que gañou cinco ligas italianas, oito Copas e catro Supercopas de Italia, dúas das antiga Copa Saporta, chegando a disputar en catro ocasións a Final Four da Euroliga.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1954 e adquirido polo Grupo Benetton en 1982, aínda que mantén Pallacanestro Treviso como o seu nome legal a día de hoxe. Coa gran fortuna económica da familia Benetton apoiando ao equipo, o club xurdiu na década de 1990 como unha forza importante en Italia e en Europa. O primeiro título da liga italiana do club chegou en 1992 co lendario Toni Kukoč no equipo.

Kukoč axudou á Benetton a chegar á final da Euroliga en 1993, ademais de axudar tamén a gañar tres títulos consecutivos da Copa de Italia. O equipo gañou o título da Copa Saporta en 1995 con xogadores como Orlando Woolridge e Petar Naumoski. A Benetton engadiu outro título da liga nacional italiana en 1997, outra aparición na Final Four en 1998, outro título da Copa Saporta en 1999, e o título da Copa de Italia no ano 2000.

Os de Treviso gañaron de novo o campionato da liga italiana e chegaron á Final Four en 2002 e 2003. A Benetton gañou o seu quinto campionato da liga italiana de 2006 e o seu oitavo título de copa en 2007.

Nomes[editar | editar a fonte]

Por mor de motivos de Patrocinio o Pallacanestro Treviso recibiu os seguintes nomes ao longo da historia.

  • Pall. Treviso (1962–63)
  • Liberti Treviso (1979–81)
  • Benetton Treviso (dende 1982)

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Benetton Basket 2011-2012
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
AP 4 Flag of the United States.svg Adrien, Jeff 2.03 m (6 ft 8 in) 111 kg (245 lb) Rio Grande Valley Vipers
E 5 Flag of the United States.svg Moore, E'Twaun 1.93 m (6 ft 4 in) 87 kg (192 lb) Purdue
B 6 Flag of Israel.svg Mekel, Gal 1.91 m (6 ft 3 in) Maccabi Electra
E 7 Flag of Slovenia.svg Bečirović, Sani 1.96 m (6 ft 5 in) 95 kg (209 lb) CSKA Moscova
B 9 Italia Bulleri, Massimo 1.88 m (6 ft 2 in) 85 kg (187 lb) Armani Jeans Milano
B 10 Italia De Nicolao, Andrea 1.85 m (6 ft 1 in) Benetton Treviso
A 12 Italia Sandri, Daniele 1.93 m (6 ft 4 in) Benetton Treviso
P 14 Italia Cuccarolo, Gino 2.18 m (7 ft 2 in) 100 kg (220 lb) Virtus Siena
E 15 Italia Gentile, Alessandro 1.96 m (6 ft 5 in) 104 kg (229 lb) Benetton Treviso
AP 17 Flag of Romania.svg Moldoveanu, Vlad 2.06 m (6 ft 9 in) 98 kg (216 lb) George Mason
AP 18 Polonia Wojciechowski, Jakub 2.13 m (7 ft 0 in) 104 kg (229 lb) Benetton Treviso
AP 24 Flag of the United States.svg Scalabrine, Brian 2.08 m (6 ft 10 in) 109 kg (240 lb) Chicago Bulls
Adestrador
Asistente(s)
  • Italia Lino Frattin
  • Flag of Serbia.svg Goran Bjedov



Lenda
  • (C) Capitán
  • (E) Xoga só na Euroliga
  • (PE) Pasaporte europeo
  • (ca) Procede da canteira
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 28-10-2011

Destacados[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos internacionais[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]