Moncho López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ramón López Suárez, coñecido popularmente como Moncho López, nado en Narón o 10 de xullo de 1969, é un adestrador profesional de baloncesto galego. Na actualidade dirixe o FC Porto e a selección portuguesa de baloncesto.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa carreira como adestrador foi fulgurante. Despois de comezar con 17 anos á fronte do equipo do Colexio Santiago Apóstolo, logo pasou ao Clesa Ferrol e ao Siglo XXI de Lugo. Con menos de 30 anos adestrou o CB Gijón, logrando ascender á ACB, de onde pasou a traballar para a Federación Española. Como adestrador da selección B española, conseguiu a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 2001. De aí pasou a ser axudante de Javier Imbroda no banco da selección de baloncesto de España, e cando este deixou o cargo para dirixir o Real Madrid logo do Mundobasket 2002, substituíuno á fronte do equipo (outubro de 2002). Así conseguiu a medalla de prata nos Campionatos de Europa de baloncesto de 2003, logo de perder na final fronte a Lituania.

En maio de 2004, tres meses antes dos Xogos Olímpicos de Atenas dimitiu do posto para dirixir o equipo do Leite Río Breogán de Lugo, onde permaneceu ata 2006. En marzo de 2007 foi contratado como adestrador do equipo andaluz do Caja San Fernando ata o remate desa tempada. Ao ano seguinte, en febreiro de 2008, foino pola selección portuguesa de baloncesto.

Equipos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]