Champaña-Ardenas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Champaña-Ardenas
Champagne-Ardenne
Bandeira de Champaña-Ardenas Escudo de Champaña-Ardenas
Bandeira Escudo
 
Champagne-Ardenne-Position.png
 
Estado Francia Francia
Capital
 • Poboación
Châlons-en-Champagne
46.184 (2006)
Cidade principal Reims
Linguas
 • Oficiais
Francés
Francés
Estatus
 • President
Rexión de Francia
Jean-Paul Bachy (PS)

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 13º
25.606 km²

km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 19º
1.339.000 (2006)
52 hab./km²
Xentilicio Champañés
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet .fr
Código ISO
Sitio web oficial
Subdivisións de Francia

Champaña-Ardenas[1] (en francés: Champagne-Ardenne) é unha rexión do noroeste de Francia. A Rexión foi creada en aplicación do decreto de 22 de decembro de 1789 e de 4 de maio de 1790, durante a Revolución francesa e agrupa unha parte das antigas provincias de Champaña e Argonne e do principado de Sedan. Durante o século XX, Champaña-Ardenas foi escenario de importantes batallas da Primeira e Segunda guerras mundiais.

Historia[editar | editar a fonte]

Muíño de Valmy

Na época romana, Durocortorum (Reims) foi unha das maiores cidades ao norte de Roma e un importante nó de comunicacións. A principios da Idade Media, en 496 Clodoveo I foi bautizado por San Remixio, na basílica primitiva de Reims, razón pola cal converteuse na cidade da Consagración dos reis de Francia, até a chegada de Carlos X.

Cara ao ano 1000 o arcebispo de Reims Gerberto de Aurillac xogou un papel decisivo ao ser nomeado Papa co nome de Silvestre II, quen foi gran amigo do emperador Otón III.

Desde finais do século XII ao século XIV, Champaña foi unha rexión moi rica en feiras: Lagny (na actual rexión administrativa da Illa de Francia), Provins, Troyes e Bar-sur-Aube eran as rutas de peregrinación a Roma.

En 1871 tivo lugar a batalla de Sedan nas Ardenas. Durante a Primeira Guerra Mundial, Champaña foi escenario dos primeiros combates tras a Batalla do Marne, próxima a París (do 6 ao 9 de setembro de 1914): no Camiño das Damas (primavera de 1917), e despois a segunda Batalla do Marne (1918). Durante a Segunda Guerra Mundial, as Ardenas foron obxecto de duros combates en 1940 (derrota francesa), despois en 1944, contraofensiva das Ardenas.

A cerimonia de reconciliación entre Francia e Alemaña tivo lugar na catedral de Reims en presenza do Xeneral de Gaulle e o chanceler Konrad Adenauer, celebrada polo cardeal François Marty. En 1996, o Papa Xoán Paulo II visitou Reims para celebrar o 1500 aniversario do bautizo de Clodoveo e os seus soldados por San Remixio.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A rexión de Champaña-Ardenas sitúase ao nordeste de Francia, posúe unha fronteira común con Bélxica e ten unha superficie de 25.606 km2. A rede hidrográfica, globalmente orientada ao este-oeste, está dominada polo Sena, o Marne, o Aube, o Aisne (afluente do Oise) e o Mosa. Un dispositivo de evacuación fronte ás crecidas do Sena protexe a rexión parisiense. Este sistema comprende catro presas-depósito, na conca do Marne, o lago do Der, o lago artificial máis grande de Europa, na conca do Sena, o lago de Oriente e na conca do Aube o lago do Templo e o lago de Amance.

Economía[editar | editar a fonte]

O 61,4% do territorio da rexión está dedicado á agricultura, ocupando o primeiro lugar nacional pola súa produción de cebada e alfalfa para a deshidratación. Ademais ocupa o segundo lugar nacional pola produción de remolacha industrial, cebolas e ervellas proteínicas e o terceiro pola produción de trigo brando e de colza. Ademais na rexión prodúcese o 25% da produción francesa de xéneros de punto e é a terceira rexión metalúrxica de Francia.

A champaña[editar | editar a fonte]

Copa de champaña
A famosa champaña de Reims

Cómpre destacar que a rexión posúe 28.237 hectáreas de viñedos, coas que se produce a bebida que fai famosa mundialmente á rexión, a champaña. Esta bebida é un viño espumoso elaborado conforme o método "champenoise", que ten dúas fases de fermentación, trátase normalmente dun viño branco, aínda que tamén existe a champaña rosada, que se elabora a partir de varios tipos de uva, a maior parte tintas.

Esta bebida xa era coñecida no século XV por este nome en París, aínda que non así na rexión, onde o término champagne designaba ás terras baldías. Durante o século XVII popularízase o consumo destes viños nas cortes inglesa e francesa grazas ao impulso dalgunhas familias desta rexión. Cara o 1660 comézase a embotellar pouco antes de terminar a primeira fermentación, a fin de conservar mellor os seus aromas, pero a consecuencia diso aparecen as burbullas, sobre todo nos viños pálidos, de baixa gradación e embotellados no equinoccio de primavera. Esta efervescencia foi unha fonte de preocupacións para os produtores, que o denominaron "viño do diaño" polas botellas estaladas e os tapóns que saltaban. Se non chega a ser pola popularidade que este viño tivo en Inglaterra esta forma de produción tería desaparecido.

En 1670 o monxe Dom Pérignon, da abadía beneditina de Hautvillers, introduciu unha serie de cambios, tales como a selección da uva, a cortiza cónico suxeito cunha grampa metálica e as botellas de vidro máis groso. A pesar dos moitos esforzos do monxe a orixe das burbullas continuou sendo un misterio ata que Louis Pasteur estudase a fermentación no século XIX.

A industria da champaña está concentrada sobre todo nos arredores das cidades de Reims e Épernay. Esta produción divídese en atención aos volumes producidos entre grandes marcas de elaboración, tales como Bollinger, Veuve Cliquot ou Krug, e viñateiros máis artesanais, cuxas producións son moito menores. En 2001 producíronse unhas vendas anuais de botellas desta bebida de 263 millóns, o que supón unha progresión do 4% respecto do ano 2000. O 37,6% desta produción está adicada á exportación.

Agro-alimentación[editar | editar a fonte]

Catedral de Reims

Cunha recolección de 2,5 millóns de toneladas a cooperativa Champaña-Cereais é o primeiro grupo de cereais de Europa. Reagrupa 9.300 agricultores e asume a comercialización e trasformación dos cereais e grans proteínicos en diversas fábricas: malte, fariña, millo, amidón, alimentación para animais e biocarburantes.

Destacan ademais Béghin-Say, unha azucreira en Connantre, preto de Reims e destilaría en Morains, preto de Châlons. O Grupo Soufflet en Nogent-sur-Seine, que é o primeiro en recollida privada de cereais en Francia, o primeiro exportador francés de cereais, o primeiro fariñeiro europeo, o cuarto mundial en malte, o primeiro en recollida de millo europeo e terceiro grupo francés na recollida de arroz. É por último a chocolataría Jacquot Troyes, que conta con 711 empregados.

Industria[editar | editar a fonte]

Entre as empresas que moven unha maior cantidade de traballadores na rexión destacan as seguintes. VMC-Danone, compañía especializada no cristal, que é o décimo produtor europeo en cristal oco. PUM, pertencente ao grupo Arcelor, e que traballa na metalurxia. Vallourec, unha compañía con sede en Vitro-lle-François que se encarga de compoñentes automobilísticos. O Petit Bateau en Troyes é unha importante compañía téxtil e de punto con 1.148 traballadores, ao igual que Devanlay, que na mesma cidade emprega a 1.037 traballadores. Cléber, en Chapelle-Saint-Luc, é unha compañía adicada á industria de caucho que move a 987 traballadores. Dumeste, encárgase da fábrica de mobles e conta con 975 traballadores. SMPA, pertencente ao grupo SIMPA, traballa en xanelas e portas e conta con 747 traballadores. Petitjean, en Saint-André-Ies-Vergres, traballa en mastros e postes de iluminación e ten 730 traballadores. Vachette en Troyes en cárgase con 720 traballadores da elaboración de chapas e cilindros e conta con 720 traballadores. E por último PSA en Les Ayvelles, unha empresa de fundición con 2.700 traballadores.

Transporte[editar | editar a fonte]

Casa do Concello de Troyes

A rede ferroviaria da rexión articúlase ao redor de tres liñas:

  • París-Estrasburgo. Este eixo será pronto reforzado pola liña LGV Leste, liña de alta velocidade cuxo trazado será modificado cara ao norte para comunicarse con Reims, que disporá dunha nova estación denominada provisionalmente, Champaña-Ardenas TGV e que estará situada no distrito de Bezannes.
  • París-Charleville-Mézieres. Comunica Reims, Épernay e Rethel.
  • París-Basilea. Segue o val do Sena. Este eixo non electrificado está en perigo pola política de rendibilidade da SNCF e podería desaparecer en proveito da futura liña de TGV París-Dijon-Basilea.

A rede navegable articúlase a través principalmente da canle lateral ao río Marne, que une Vitry-le-François a Dizy-Magenta (despois prosegue polo Marne canalizado até Alfortville), a canle do Marne-Rin, que une Marne a Vitry-le-François ao Rhin en Estrasburgo e a canle do Leste, que une o Mosa e o Mosela ao Saona partindo de Givet. O aeroporto internacional de Vatry, está mantido polo consello xeral do Marne e dispón dunha pista de 3.650 m de longo. É pouco utilizado xa que ao estar a 150 km de París e nunha zona de escasa poboación.

Demografía[editar | editar a fonte]

Catedral de Saint-Étienne en Châlons

A poboación rexional comezou a diminuír en 1982 debido ao éxodo rural. Con só un 0,5% da poboación nacional e unha densidade de 52 habitantes por km2, Champaña-Ardenas sitúase entre as rexións francesas menos poboadas. Agrupa catro departamentos:

Cultura e turismo[editar | editar a fonte]

Faux de Verzy, as famosas faias da Champaña

A rexión posúe 291 hoteis de turismo homologados, o que supón unha 8.000 habitacións dispoñíbeis e 152 pensións. Ademais pódense gozar de 18 museos, 92 salas de cinema, 16 teatros e até 10 campos de golf. Ademais hai 650 km de vías navegables e 8 estanques ou lagos, entre os que se atopa o Lac du Der-Chantcoq, o lago artificial máis grande de Europa. Todos reservados para o turismo.

Normalmente os turistas inclínanse, preferentemente, pola Champaña tanto pola súa historia como polas súas prestixiosos bebidas. Os lugares e itinerarios preferentes, tanto polo patrimonio como pola gastronomía son Troyes e as súas antigas mansións, Châlons-en-Champagne e o seu Claustro, Langres e as súas murallas, Épernay e as beiras de Marne ou Reims.

Unha curiosidade natural digna de verse no parque natural da Montagne de Reims, onde están as faux de Verzy, unhas curiosas árbores da familia das haias das que só hai uns 1.500 exemplares en toda Europa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ver entrada de «Valmy, batalla de». Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2134. ISBN 9788482893600.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]