Languedoc-Rosellón
| Languedoc-Rosellón Llenguadoc-Rosselló Languedoc-Roussillon Lengadòc-Rosselhon |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Languedoc-Rosellón (en catalán: Llenguadoc-Rosselló, en francés: Languedoc-Roussillon, en occitano: Lengadòc-Rosselhon) é unha rexión francesa que agrupa cinco departamentos. Está bordeada ao sur por España e o mar Mediterráneo (golfo de León), e as seguintes rexións francesas: Provenza-Alpes-Costa Azul, Ródano-Alpes, Auvernia e Mediodía-Pireneos. Moitos elementos naturais a rodean: os Pireneos, despois as terras do Lauragais, os Cévennes e o río Ródano. Moitos xeógrafos falan dun anfiteatro que mira ao mal, en relación ás montañas e as chairas languedocianas e rosellonesas.
Os seus cinco departamentos son herdeiros das provincias do Antigo réxime do Languedoc e Rosellón. Os seus cinco departamentos son : o Aude (número 11), o Gard (número 30), o Hérault (número 34), o Lozère (número 48) e os Pireneos Orientais (número 66).
No 2004, o consello rexional adoptou un novo logotipo simbolizando o sol, e que leva a divisa: "Vivir na Septimania".
Índice |
Historia [editar]
- Artigo principal: Historia do Languedoc-Rosellón.
Na época antiga, o Languedoc-Rosellón formaba a provincia Narbonense, incorporada ben cedo ao Imperio romano. No século V, os visigodos instaláronse aquí, fundando a Septimania. Esta provincia foi temporalmente dominada polos árabes, antes de ser conquistada por Carlos Magno, que a denominou marca de Gothie. Na época feudal tivo lugar unha grande fragmentación política: os condados do Rosellón e de Cerdaña, de lingua catalá, pasaron á órbita do reino de Aragón, mentres que o Baixo Languedoc pasou baixo a dominación da casa Trencavel; despois, tras a cruzada albixense baixo a do rei de Francia. O tratado de Corbeil de 1258 ratifica esta división: os Corbières formaban a fronteira entre o reino de Francia e o reino de Aragón. En 1659 o tratado dos Pireneos incorporou o Rosellón e o norte da Cerdaña ao reino de Francia, pero as provincias do Languedoc e do Rosellón quedaron separadas administrativamente.
Administración [editar]
- Artigo principal: Consello rexional do Languedoc-Rosellón.
Política [editar]
A política no Languedoc-Rosellón estivo dominada desde hai tempo pola oposición entre dous persoeiros: Jacques Blanc (presidente do consello rexional durante 18 anos) e Georges Frêche, o seu adversario socialista que o sucedeu en marzo de 2004. Os ministros Claude Allègre e Jean-Claude Gayssot son orixinarios da rexión.
Xeografía [editar]
A rexión do Languedoc-Rosellón é moi heteroxénea. A chaira litoral contrasta coas zonas montañosas de Cévennes e os Pireneos, pasando polas mesetas calcarias. As costas rochosas dos Pireneos alternas coas longas praias de area protexendo as bastas lagoas (lagoa de Thau, de Vendres, do Méjean...).
Economía [editar]
A economía do Languedoc-Rosellón baséase nun único factor esencial, o "sol", ao servizo de dous sectores vitais: o turismo e a agricultura.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||