Aube
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Aube no mapa de Francia.
Aube (10) é un departamento francés da rexión de Champaña-Ardenas. O seu nome venlle do río Aube, primeiro afluente notable do Sena (ribeira dereita) que pasa polo departamento. Troyes é a capital.
Índice |
Historia[editar]
O departamento foi creado durante a Revolución francesa, o 4 de marzo de 1790, en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789, a partir dunha parte da provincia de Champaña.
Xeografía[editar]
Aube forma parte da rexión de Champaña-Ardenas. Linda cos departamentos de Marne ó norte, de Alto Marne ó leste, de Costa de Ouro ó sueste, de Yonne ó suroeste e de Sena e Marne ó oeste.