Rexións de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Departamentos e rexións da Francia metropolitana.

Francia está secundariamente dividida en 26 rexións, das que 22 se atopan na Francia metropolitana e 4 son rexións de alén mar. Porén a división realmente importante dende o punto de vista organizativo é a dos departamentos, divisións interiores das rexións. A administración francesa entende que as rexións son unha zona xeográfica definida ligadas a unha identidade cultural ou social.

As rexións francesas non teñen ningunha capacidade de autonomía, non poden promulgar leis nin teñen capacidade recadatoria propia. Limítanse unicamente a administrar un orzamento que lles concede o estado e que se dirixe fundamentalmente a obras públicas de pequeno investimento, servizos sociais e eventos culturais. Só unha destas rexións francesas, Córsega, desenvolveu institucións de autogoberno limitadas baixo o nome de colectividade territorial.

Polo demais, cada rexión ten o seu consello rexional, elixido a partir das eleccións municipais, que escolle, á súa vez, un presidente rexional.

Lista das rexións de Francia[editar | editar a fonte]

  • As 22 rexións da Francia metropolitana son :

1. Alsacia
2. Aquitania
3. Auvernia
4. Baixa Normandía
5. Borgoña
6. Bretaña
7. Centro
8. Champaña Ardenas
9. Córsega
10. Franco Condado
11. Alta Normandía

12. Illa de Francia
13. Languedoc-Rosellón
14. Lemosín
15. Lorena
16. Mediodía-Pireneos
17. Norte-Paso de Calais
18. País do Loira
19. Picardía
20. Poitou-Charentes
21. Provenza-Alpes-Costa Azul
22. Ródano-Alpes

FranceRegionsNumbered.png
  • As catro rexións de alén mar (que ao mesmo tempo son cadanseu departamento de alén mar) son:
  1. Guadalupe
  2. Güiana Francesa
  3. Martinica
  4. Reunión