Catarina de Lancaster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Catarina de Lancaster ou Catarina de Lencastre, foi raíña consorte da Coroa de Castela, desde 1393 até 1406. Catarina era filla de da infanta castelá Constanza e do aristócrata inglés Xoán de Gante, 1º Duque de Lancaster.

Familia e traxectoria[editar | editar a fonte]

A nai de Catarina, Constanza era a filla maior de Pedro I de Castela e de María de Padilla, sendo declarada herdeira do trono da Coroa de Castela. Tras o asasinato do seu pai, case chega a asumir o trono mais Henrique de Trastámara logra impoñerse militarmente facendose do goberno da Coroa, agás o reino de Galiza que non aceptaba a autoridade de Henrique, por ter matado este a Pedro I. Tras a mediación de nobres galegos, o seu pai, Xoán de Gante, fillo do rei Eduardo III de Inglaterra, decide reclamar a Coroa de Castela por entender que a súa muller era a herdeira lexítima. Tras unha importante intervención na Península Ibérica, Xoán de Gante chega a un acordo con Henrique de Trastámara pola que os seus descendentes de unen en matrimonio.

Así, Catarina de Lencastre casa con Henrique III de Castela, neto de Henrique de Trastámara en 1393, tendo el só 14 anos na altura e ela 21. Este casamento supuxo a paz entre Coroa de Castela e o reino de Inglaterra.

Deste casamento naceron:

Tras a morte do marido, Henrique III de Castela, en 1406, Catarina foi nomeada rexente do seu fillo, o mozo rei Xoán II de Castela, entón con só 5 anos. Foi rexente da Coroa de Castela desde 1406 até á súa morte, en 1418, con só 46 anos, debido a un derrame cerebral.