Henrique IV de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
King Henry IV from NPG (2).jpg

Henrique IV de Inglaterra, coñecido tamén como Henrique Bolingbroke, nado o 3 de abril de 1367 e falecido o 20 de marzo de 1413, foi rei de Inglaterra entre 1399 e 1413, o primeiro da dinastía de Lancaster. Henrique era fillo de Xoán de Gante, duque de Lancaster, e neto do rei Eduardo III de Inglaterra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no castelo de Bolingbroke no Lincolnshire e, segundo o costume da época, era coñecido tamén como Henrique Bolingbroke.

A pesar de apoiar o primo Ricardo II de Inglaterra no inicio do reinado deste, axiña os dous homes entraron en conflito. Henrique acabou mesmo expulsado do país e desherdado en 1398. No ano seguinte, o seu pai morre na Aquitania e Ricardo II confisca os seus bens para a coroa. Pero o monarca non era popular nin considerado competente e Henrique valeuse diso para iniciar unha guerra aberta o 30 de setembro de 1399. O golpe é exitoso e Henrique é coroado rei de Inglaterra o 13 de outubro, na Abadía de Westminster, iniciando a dinastía de Lancaster. Ricardo II foi deposto e asasinado por precaución no ano seguinte.

En 1380, Henrique casou con María de Bohun, de quen tivo varios fillos e fillas. Xa rei, Henrique desposou a princesa Xoana de Navarra, filla do rei Carlos II, con quen non tivo descendencia.

O reinado de Henrique foi marcado por varias insurrecións populares, especialmente no País de Gales e en Inglaterra. O fracaso destas rebelións debeuse en parte á habilidade militar do seu herdeiro, o futuro Henrique V.

O fin da vida de Henrique IV foi marcado por problemas graves de saúde debidos a unha enfermidade de pel, posiblemente psoríase ou un síntoma de sífilis. Henrique morreu en 1413 e atópase sepultado na catedral de Canterbury.

A súa vida atópase retrato en Henrique IV, unha peza en dúas partes de William Shakespeare.

Descendencia[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ricardo II de Inglaterra
Flag of England.svg
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda

1399 - 1413
Sucesor:
Henrique V de Inglaterra