Catro reinos de Andalucía
Os catro reinos de Andalucía é a denomincación conxunta que recibían antano os catro reinos da Coroa de Castela situados no mediodía da península Ibérica, ao sur de Serra Morena. Por orde de conquista, estes cuatro reinos eran: o Reino de Córdoba (1236), o Reino de Xaén (1246), o Reino de Sevilla (1248) e o Reino de Granada (1492). Os reinos ocupaban case a mesma extensión que a actual comunidade autónoma española de Andalucía.
Inicialmente os reinos de Andalucía ou as Andalucías eran os tres reinos reconquistados no século XIII por Fernando III O Santo, até que no século XVIII se xeneralizou tamén o termo Andalucía para referirse ao Reino de Granada.
Esta denominación utilizouse en algúns ámbitos polo menos desde mediados do século XVIII.[1] [2]
Algunhas obras e documentos que utilizan esta denominación son os Juzgados militares de España y sus Indias.[3] de 1792, o Prontuario de las leyes y decretos del Rey nuestro Señor Don José Napoleon I,[4] de 1810 e Breves tratados de esfera y geografía universal[5] de 1833, entre moitas outras.
Algúns autores, como o historiador Antonio Domínguez Ortiz, indicaron a conveniencia metodolóxica de plantexar estes "Catro Reinos" como marco adecuado para o enfoque da historia andaluza.[6]
Notas [editar]
- ↑ Pablo de Olavide foi "Intendente del Ejército de los cuatro reinos de Andalucía".
- ↑ Nas "Respuestas xerais do Catastro de Ensenada de Gelo del Cabildo, lugar do reino de Sevilla", datadas en 1751, pode lerse o nome de José María de Mendoza y Guzmán, daquela visitador xeral das "Rentas Provinciais dos catro Reinos de Andalucía. Véxase na dixitalización de ditas respotas no sitio do Ministerio de Cultura. Escríbase "Gelo" na ferramenta "Buscador Localidades" e véxase a imaxe nº 3.
- ↑ Colón de Larriátegui, Félix (1792): Juzgados militares de España y sus Indias. Madrid: Impr. de la viuda de D. Joaquín Ibarra. [1]
- ↑ Imprenta Real (1810): Prontuario de las leyes y decretos del Rey nuestro Señor Don José Napoleon I Capítulo = Decreto para la creación de una Guardia Cívica en los quatro reynos de Andalucía
- ↑ Losada, Juan Cayetano (1833): Breves tratados de esfera y geografía universal. Madrid: Ibarra. [2]
- ↑ Domínguez Ortiz, Antonio (1981): Andalucía en la Edad Moderna, in "Revista de Estudios Regionales", núm. Extraordinario, vol. III. Málfa: Universidad de Málaga.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Eslava Galán, Juan: El ámbito territorial del Reino de Jaén: una cuestión de geografía histórica. Boletín del Instituto de Estudios Giennenses. Nº. 112, 1982. ISSN 0561-3590. Págs. 83-96.
- Domínguez Oetiz, Aantonio (1976): La identidad de Andalucía. Granada: Universidad de Granada.
- Domínguez Ortiz, Antonio (Dir.) (1980-1981): Historia de Andalucía. 8 vols. Barcelona: Cursa-Planeta.