Campionato do Mundo de Baloncesto de 2006

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
XV Campionato Mundial de Baloncesto
Xapón 2006
Equipos participantes
- Fase final
56 seleccións
24 seleccións
Sede Flag of Japan.svg Xapón
Data 19 de agosto de 2006
3 de setembro 2006
Podio
- Campión
- Subcampión
- Terceiro lugar

Flag of Spain.svg España
Flag of Greece.svg Grecia
Flag of the United States.svg Estados Unidos
Partidos 80
Puntos anotados 12518 (156,475 por partido)
Espectadores  ? (? por partido)
Xogador Máis Valioso Flag of Spain.svg Pau Gasol
Quinteto Ideal Flag of Argentina.svg Emanuel Ginóbili
Flag of Greece.svg Theodoros Papaloukas
Flag of the United States.svg Carmelo Anthony
Flag of Spain.svg Jorge Garbajosa
Flag of Spain.svg Pau Gasol
A selección española posa para a súa primeira foto oficial como Campións do Mundo.

O Campionato mundial de baloncesto de 2006 (tamén chamado Mundobasket 2006) disputouse en Xapón entre o 19 de agosto e o 3 de setembro de 2006. Foi o número XV, e por primeira vez dende o campionato de 1986 houbo 24 seleccións participantes.

Os organizadores son a Federación Internacional de Baloncesto (FIBA), a Asociación Xaponesa de Baloncesto (JABBA) e o Comité organizador do campionato mundial de baloncesto de 2006.

O título foi gañado por España, que derrotou na final a Grecia por 70-47, sendo para ámbalas dúas seleccións as primeiras medallas nun mundial. A medalla de bronce foi gañada por Estados Unidos tras derrotar a Arxentina na final de consolación por 96-81.

Sedes[editar | editar a fonte]

Saitama Super Arena, sede da rolda final.
Grupo Cidade Cancha Capacidade
A Sendai Sendai Gymnasium 6.100
B Hiroxima Hiroshima Green Arena 6.900
C Hamamatsu Hamamatsu Arena 5.100
D Sapporo Hokkaido Prefectural Sports Center (KITAYELL) 6.400
Rolda Final Saitama Saitama Super Arena 21.000

O contexto do campionato[editar | editar a fonte]

Contexto deportivo e local[editar | editar a fonte]

Este campionato do mundo disputouse dous meses despois da Copa do Mundo de fútbol de Alemaña, que tivo un seguimento popular moi importante. Foi en Xapón, un país pouco desenvolvido no mundo baloncestístico, pero que desexa que isto non siga sendo así, como demostra a BJ-League, a súa liga de recente creación. Esta mundial pretende ter un efecto similar ó que tivo a Copa do Mundo de fútbol de 2002 en Corea e Xapón.

Contexto político[editar | editar a fonte]

A preparación da selección de Líbano estivo fortemente influída pola actualidade política do momento no seu país, debido ó conflito armado contra Israel.

Nos Balcáns, en xuño de 2006 Montenegro declarou a súa independencia, polo que este campionato era o derradeiro no que o equipo serbomontenegrino ía participar, xa que despois desfíxose en dúas entidades distintas. É importante sinalar que neste mundial a selección de Serbia e Montenegro aínda contaba con xogadores montenegrinos, a pesar que que o logo presente nas camisetas do equipo deixara de se-lo da federación de baloncesto de Serbia e Montenegro para pasar a se-lo escudo de Serbia, aínda que a denominación SCG (de Srbija i Crna Gora) mantívose.

O 28 de agosto[1], a FIBA anunciaba que o 4 de setembro, día seguinte ó remate do campionato, que Montenegro converteríase no seu membro 213 e que Serbia ocuparía o lugar de Serbia e Montenegro.

Contexto baloncestístico[editar | editar a fonte]

Tódolos equipos chegaron á competición con algo que demostrar. Os Estados Unidos tiñan que recupera-la súa supremacía despois das decepcións sufridas no Mundial de 2002 e nos Xogos Olímpicos de 2004. Para iso contaba coa suposta xeración dourada, a do Draft da NBA de 2003 (Wade, James, Hinrich, Anthony, Bosh...), que sería adestrada polo mítico Mike Kryzewski.

Arxentina tiña que confirmar que era nese momento a mellor selección do mundo despois da súa medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2004 sabendo xa que era unha das derradeiras oportunidades de facelo, xa que o relevo xeracional estaba ás portas[2]. Xusto na situación contraria atopábase a selección de Serbia e Montenegro, que presentaba un equipo cunha media de idade reducida, e cheo do que probabelmente serán futuros NBA, pero que fixo unha actuación desastrosa no Eurobasket 2005 na casa.

Grecia tiña que confirmar o seu status de campión de Europa cun xogo radicalmente diferente ó de seleccións como a alemá ou a francesa, que tamén amosaron ter unha grande ambición, e que estaban encabezadas por xogadores NBA como Dirk Nowitzky ou Boris Diaw.

Sexa como fora, as lesións de último minuto trocarían lixeiramente os cadros de xogadores antes do inicio do Mundial, destacando as ausencias de Tony Parker (Francia - fractura[3]), de Gilbert Arenas (Estados Unidos - problemas físicos[4]) e de Boniface N’Dong (Senegal - lesión[5]).

Sobre o campionato[editar | editar a fonte]

As mascotas nun dos descansos.

As mascotas[editar | editar a fonte]

BAD BADTZ-MARU, un pingüino que odia perder, foi elixido como mascota deste campionato. El e a súa pandilla son os personaxes dunha serie de debuxos animados de moito éxito en Xapón. Isto foi posíbel grazas a un acordo entre a propia FIBA e a produtora Sanrio Co.,Ltd & Sanrio Far East Company, Ltd.. [6]

As animadoras[editar | editar a fonte]

Os equipos de animadoras encargadas de anima-los descansos e tempos mortos dos partidos disputados en Saitama foron as Red Foxes, de Rusia, e as Euro Dancers, de Lituania aínda que animan nos partidos na casa do CSKA de Moscova.

Os patrocinadores[editar | editar a fonte]

Seis patrocinadores norteamericanos e europeos son propios da FIBA, mentres que outros oito son propios da competición en sí, que son case todos de países asiáticos, maioritariamente de Xapón.

Os autocolantes e o lema[editar | editar a fonte]

O lema ilustra a situación das forzas presentes, fai tempo inmersas nunhas épocas de dominación do mundial por diferentes seleccións (URSS, Iugoslavia ou EEUU) que agora están superadas. O lema di: One world, one title, que traducido ó galego significa Un mundo, un título.

O autocolante mostra uns xogadores de baloncesto practicando o desporte no Monte Fuji, aparecendo en primeiro plano un loitador de sumo con actitude agresiva, suxeitando nunha man un dos balóns oficiais do torneo. A parte inferior do autocolante imita ós das grandes producións cinematográficas presentando unha pequena lista de xogadores ó estilo das presentación dos actores e actrices nos autocolantes das películas[7].

Cobertura televisiva[editar | editar a fonte]

Esta competición foi televisada na meirande parte dos países, aínda que non sempre fora nas televisións públicas. En España, por exemplo, foi retransmitida por unha cadena de nova creación que aínda non tiña cobertura en todo o territorio, laSexta[8], sendo os principáis comentaristas Andrés Montes, Juanma Iturriaga e Juan Domingo de la Cruz. En Estados Unidos, onde a xente non estivo moi interesada nesta competición, foi a ESPN quen emitiu os partidos da selección americana e uns poucos máis.

A campaña Clean Game[editar | editar a fonte]

De acordo co Comité Olímpico Internacional e coa Axencia Mundial Antidopaxe, a FIBA quiso proporcionarlle a este torneo o espírito da loita contra o dopaxe no deporte coa campaña Clean Game (Xogo Limpo na súa tradución ó galego). Dándolle un aspecto máis oficial que as precedentes intervencións neste asunto, a campaña foi asociada a un logo[9] para así consolida-la imaxe e importancia da campaña entre os afeccionados ó baloncesto. Algúns xogadores (en concreto ós xogadores angoleños no partido Francia - Angola) incluso colgaron unha camiseta laranxa co logo co obxectivo de amosar ós ollos do mundo a importancia deste movemento.

Proceso de calificación[editar | editar a fonte]

Para o campionato estaban clasificados de forma automática Xapón e Arxentina, actual campión olímpico.

No proceso de calificación para o Campionato mundial de baloncesto inscribíronse 56 seleccións (12 de África, 10 de América, 16 de Asia, 16 de Europa e 2 de Oceanía).

Cada zona continental realizou as súas eliminatorias:

Catro seleccións participan por invitación do Corpo Central da FIBA, a decisión foi tomada en novembro do 2005.

O criterio para decidi-la invitación foi:

  1. Que o equipo participara na eliminatoria da súa zona FIBA.
  2. Poden estar como máximo tres equipos por zona FIBA.

Países participantes[editar | editar a fonte]

Situación dos países calificados para o campionato.
Equipo Participacións previas
Total Consecutivas Última
Flag of Germany.svg Alemaña 4 2 2002
Flag of Angola.svg Angola 5 2 2002
Flag of Argentina.svg Arxentina Campión Mundial 1950 11 6 2002
Flag of Australia.svg Australia 9 9 2002
Flag of Brazil.svg Brasil Campión Mundial 1959 Campión Mundial 1963 15 15 2002
Flag of the People's Republic of China.svg China 7 2 2002
Flag of Slovenia.svg Eslovenia 1 1 -
Flag of Spain.svg España 9 7 2002
Flag of the United States.svg Estados Unidos Campión Mundial 1954 Campión Mundial 1986 Campión Mundial 1994 15 15 2002
Flag of France.svg Francia 5 1 1986
Flag of Greece.svg Grecia 5 1 1998
Flag of Italy.svg Italia 8 1 1998
Flag of Japan.svg Xapón 4 1 1998
Flag of Lebanon.svg Líbano 2 2 2002
Flag of Lithuania.svg Lituania 2 1 1998
Flag of Nigeria.svg Nixeria 2 1 1998
Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia 3 2 2002
Flag of Panama.svg Panamá 4 1 1986
Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico 11 6 2002
Flag of Qatar.svg Qatar 1 1 -
Flag of Senegal.svg Senegal 3 1 1998
Flag of Serbia and Montenegro.svg Serbia e Montenegro* Campión Mundial 1970 Campión Mundial 1978 Campión Mundial 1990 Campión Mundial 1998 Campión Mundial 2002 13 3 2002
Flag of Turkey.svg Turquía 2 2 2002
Flag of Venezuela.svg Venezuela 3 2 2002


*: Herda os números de Iugoslavia


África América Asia Europa Oceanía

Flag of Angola.svg Angola
Flag of Nigeria.svg Nixeria
Flag of Senegal.svg Senegal

Flag of Argentina.svg Arxentina
Flag of Brazil.svg Brasil
Flag of the United States.svg Estados Unidos
Flag of Panama.svg Panamá
Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico
Flag of Venezuela.svg Venezuela

Flag of the People's Republic of China.svg China
Flag of Japan.svg Xapón
Flag of Lebanon.svg Líbano
Flag of Qatar.svg Qatar

Flag of Germany.svg Alemaña
Flag of Slovenia.svg Eslovenia
Flag of Spain.svg España
Flag of France.svg Francia
Flag of Greece.svg Grecia
Flag of Italy.svg Italia
Flag of Lithuania.svg Lituania
Flag of Serbia and Montenegro.svg Serbia e Montenegro
Flag of Turkey.svg Turquía

Flag of Australia.svg Australia
Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia

Formato da competición[editar | editar a fonte]

Na Rolda Preliminar divídense as 24 seleccións calificadas en 4 grupos de 6 equipos, onde xogarán todos contra todos. Ó remate das cinco datas os primeiros catro equipos clasificados acadarán a Rolda Final.

Na Segunda Rolda serán eliminatorias a un só partido, acadando a seguinte rolda o equipo que consiga a vitoria, ata obte-lo campión do torneo.

Os equipo eliminados nos Cuartos de Final disputarán a Rolda de Calificación para defini-la súa posición final no torneo.

Grupos[editar | editar a fonte]

Grupo A Grupo B Grupo C Grupo D
Flag of Nigeria.svg Nixeria Flag of Panama.svg Panamá Flag of Qatar.svg Qatar Flag of Senegal.svg Senegal
Flag of Lebanon.svg Líbano Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia Flag of Australia.svg Australia Flag of the United States.svg Estados Unidos
Flag of Argentina.svg Arxentina Flag of Germany.svg Alemaña Flag of Turkey.svg Turquía Flag of the People's Republic of China.svg China
Flag of France.svg Francia Flag of Japan.svg Xapón Flag of Lithuania.svg Lituania Flag of Italy.svg Italia
Flag of Venezuela.svg Venezuela Flag of Spain.svg España Flag of Brazil.svg Brasil Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico
Flag of Serbia and Montenegro.svg Serbia e Montenegro Flag of Angola.svg Angola Flag of Greece.svg Grecia Flag of Slovenia.svg Eslovenia

Cadros de xogadores[editar | editar a fonte]

{

Os cadros de xogadores dos 24 países participantes inclúen en total 288 xogadores.

Árbitros[editar | editar a fonte]

Para o Campionato Mundial, a FIBA elixiu 40 árbitros profesionáis.

  • Xapón Aibara, Nobuyasu
  • Turquía Ankarali, Recep
  • España Arteaga, Juan
  • Irán Avanessian, Heros
  • Australia Aylen, Michael
  • Israel Bachar, Shmuel
  • Serbia e Montenegro Belosević, Ilija
  • Lituania Brazauskas, Romualdas
  • Australia Butler, Scott Jason
  • Porto Rico Carrión, José Aníbal
  • Italia Cerebuch, Guerrino
  • Arxentina Chiti, Alejandro César
  • Marrocos Chlif, Abdellilah
  • Venezuela Delgado Casadiego, Daniel Alfredo
  • Lituania Dovidavicius, Virginijus
  • Arxentina Estévez, Pablo Alberto
  • Italia Facchini, Fabio
  • Xapón Hirahara, Yuji
  • Canadá Homsy, Mike Amir
  • Serbia e Montenegro Jovčić, Milivoje
  • Finlandia Jungebrand, Carl
  • Brasil Maranho, Cristiano Jesus
  • España Martín , José
  • Rep. Dominicana Mercedes Sánchez, Reynaldo Antonio
  • Xapón Miyatake, Yosuke
  • Estados Unidos Moore, Terry Matthew
  • Mozambique Muhimua Joao, Abreu
  • Croacia Muhvić, Dubravko
  • Líbano Noujaim, Rabah
  • Eslovenia Pukl, Saša
  • Estados Unidos Rush, Eddie Fernanzo
  • Ucraína Ryzhyk, Borys
  • Angola Simao, Domingos Francisco
  • Eslovaquia Sudek, Petr
  • Uruguai Trías Iglesias, Álvaro Darío
  • Porto Rico Vázquez, Jorge
  • Francia Viator, Eddie
  • Grecia Voreadis, Lazaros
  • China Yang, Maogong
  • Grecia Zavlanos, Nikolaos

Rolda preliminar[editar | editar a fonte]

Este campionato do mundo arrancou coa derrota lóxica do país anfitrión, Xapón, contra Alemaña, e cunha nova extradeportiva, o anuncio da suspensión por tres partidos do xogador neozelandés Mark Dickel, despois de dar positivo nun control antidopaxe por consumo de marihuana[10].

A primeira rolda do campionato caracterizouse principalmente pola igualdade presente na maior parte dos grupos, motivada polas grandes sorpresas que seleccións como Líbano (non espérábase dela ningunha vitoria e gañoulle a Francia dun punto e a Venezuela, loitando pola clasificación a oitavos de final ata a derradeira xornada e quedándose fóra por perder contra os seus rivais directos na táboa de calificacións), e Nixeria no grupo A (gañoulle a Serbia e Montenegro na primeira xornada e acadou o pase coma terceira de grupo por enriba desta selección), ou Angola no grupo B (que conseguiu pasar coma terceira de grupo trala súa derrota contra a Alemaña de Dirk Nowitzky tras tres tempos extras no mellor partido visto na rolda preliminar).

Nesta rolda previa destaca tamén o pouco acerto xeral que as seleccións tiveron dende a liña de tiros libres, tendo tódalas selección porcentaxes baixos, sendo o de China o mellor cun 81.5%. Nas outras estatísticas de equipo, a selección estadounidense álzase co título de máximo anotador con 108.6 puntos por partido. En tiros de dous puntos a mellor porcentaxe é a de España, cun 59.9%, en triplas é de Porto Rico cun asombroso 51.0%.

No que a estatísticas individuais se refire, Yao Ming foi o máximo anotador da rolda preliminar con 28.4 puntos por partido.

Os mellores equipos da rolda preliminar foron Arxentina, Grecia, España e Estados Unidos, únicos equipos invictos, e os peores foron Qatar, Senegal e Panamá, que non lograron inaugura-lo seu casilleiro de vitorias.

Grupo A (Sendai)[editar | editar a fonte]

Equipo Pts G P PF PC Dif
1. Flag of Argentina.svg Arxentina 10 5 0 464 339 +125
2. Flag of France.svg Francia 8 3 2 353 329 +24
3. Flag of Nigeria.svg Nixeria 7 2 3 371 393 -22
4. Flag of Serbia and Montenegro.svg Serbia e Montenegro 7 2 3 409 352 +57
5. Flag of Lebanon.svg Líbano 7 2 3 357 451 -94
6. Flag of Venezuela.svg Venezuela 6 1 4 336 426 -90
  • Partidos
Data Hora² Partido¹ Resultado
19.08.06 13:00 Flag of Venezuela.svg Venezuela - Flag of Lebanon.svg Líbano 72 - 82
19.08.06 16:00 Flag of Serbia and Montenegro.svg Serbia e Montenegro - Flag of Nigeria.svg Nixeria 75 - 82
19.08.06 19:00 Flag of Argentina.svg Arxentina - Flag of France.svg Francia 80 - 70
20.08.06 13:00 Flag of Nigeria.svg Nixeria - Flag of Venezuela.svg Venezuela 77 - 84
20.08.06 16:00 Flag of Lebanon.svg Líbano - Flag of Argentina.svg Arxentina 72 - 107
20.08.06 19:00 Flag of France.svg Francia - Flag of Serbia and Montenegro.svg Serbia e Montenegro 65 - 61
21.08.06 13:00 Flag of Argentina.svg Arxentina - Flag of Venezuela.svg Venezuela 96 - 54
21.08.06 16:00 Flag of Serbia and Montenegro.svg Serbia e Montenegro - Flag of Lebanon.svg Líbano 104 - 57
21.08.06 19:00 Flag of France.svg Francia - Flag of Nigeria.svg Nixeria 64 - 53
23.08.06 13:00 Flag of Nigeria.svg Nixeria - Flag of Argentina.svg Arxentina 64 - 98
23.08.06 16:00 Flag of Venezuela.svg Venezuela - Flag of Serbia and Montenegro.svg Serbia e Montenegro 65 - 90
23.08.06 19:00 Flag of Lebanon.svg Líbano - Flag of France.svg Francia 74 - 73
24.08.06 13:00 Flag of Serbia and Montenegro.svg Serbia e Montenegro - Flag of Argentina.svg Arxentina 79 - 83
24.08.06 16:00 Flag of Lebanon.svg Líbano - Flag of Nigeria.svg Nixeria 72 - 95
24.08.06 19:00 Flag of France.svg Francia - Flag of Venezuela.svg Venezuela 81 - 61
  • ¹Todos en Sendai
  • ²Hora local de Xapón (UTC +9)

Grupo B (Hiroxima)[editar | editar a fonte]

Equipo Pts G P PF PC Dif
1. Flag of Spain.svg España 10 5 0 476 336 +140
2. Flag of Germany.svg Alemaña 9 4 1 421 384 +37
3. Flag of Angola.svg Angola 8 3 2 451 406 +45
4. Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia 7 2 3 345 393 -48
5. Flag of Japan.svg Xapón 5 1 4 322 393 -71
6.Flag of Panama.svg Panamá 5 0 5 326 429 -103
  • Partidos
Data Hora² Partido¹ Resultado
19.08.06 13:00 Flag of Germany.svg Alemaña - Flag of Japan.svg Xapón 81 - 70
19.08.06 16:00 Flag of Angola.svg Angola - Flag of Panama.svg Panamá 83 - 70
19.08.06 19:00 Flag of Spain.svg España - Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia 86 - 70
20.08.06 13:00 Flag of Japan.svg Xapón - Flag of Angola.svg Angola 62 - 87
20.08.06 16:00 Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia - Flag of Germany.svg Alemaña 56 - 80
20.08.06 19:00 Flag of Panama.svg Panamá - Flag of Spain.svg España 57 - 101
21.08.06 13:00 Flag of Angola.svg Angola - Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia 95 - 73
21.08.06 16:00 Flag of Germany.svg Alemaña - Flag of Spain.svg España 71 - 92
21.08.06 19:00 Flag of Japan.svg Xapón - Flag of Panama.svg Panamá 78 – 61
23.08.06 13:00 Flag of Spain.svg España - Flag of Angola.svg Angola 93 - 83
23.08.06 16:00 Flag of Panama.svg Panamá - Flag of Germany.svg Alemaña 63 - 81
23.08.06 19:00 Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia - Flag of Japan.svg Xapón 60 - 57
24.08.06 13:00 Flag of Angola.svg Angola - Flag of Germany.svg Alemaña 103 - 108
24.08.06 16:00 Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia - Flag of Panama.svg Panamá 86 - 75
24.08.06 19:00 Flag of Japan.svg Xapón - Flag of Spain.svg España 55 - 104
  • ¹Todos en Hiroxima
  • ²Hora local de Xapón (UTC +9)

Grupo C (Hamamatsu)[editar | editar a fonte]

Equipo Pts G P PF PC Dif
1. Flag of Greece.svg Grecia 10 5 0 404 358 +46
2. Flag of Turkey.svg Turquía 9 4 1 370 358 +12
3. Flag of Lithuania.svg Lituania 8 3 2 413 353 +60
4. Flag of Australia.svg Australia 7 2 3 370 349 +21
5. Flag of Brazil.svg Brasil 6 1 4 399 392 +7
6. Flag of Qatar.svg Qatar 5 0 5 310 456 -146
  • Partidos
Data Hora² Partido¹ Resultado
19.08.06 14:00 Flag of Brazil.svg Brasil - Flag of Australia.svg Australia 77 - 83
19.08.06 16:30 Flag of Greece.svg Grecia - Flag of Qatar.svg Qatar 84 - 64
19.08.06 19:30 Flag of Turkey.svg Turquía - Flag of Lithuania.svg Lituania 76 - 74
20.08.06 13:30 Flag of Qatar.svg Qatar - Flag of Brazil.svg Brasil 66 - 97
20.08.06 16:30 Flag of Australia.svg Australia - Flag of Turkey.svg Turquía 68 - 76
20.08.06 19:30 Flag of Lithuania.svg Lituania - Flag of Greece.svg Grecia 76 - 81
22.08.06 13:30 Flag of Lithuania.svg Lituania - Flag of Qatar.svg Qatar 106 - 65
22.08.06 16:30 Flag of Greece.svg Grecia - Flag of Australia.svg Australia 72 - 69
22.08.06 19:30 Flag of Turkey.svg Turquía - Flag of Brazil.svg Brasil 73 - 71
23.08.06 13:30 Flag of Australia.svg Australia - Flag of Lithuania.svg Lituania 57 - 78
23.08.06 16:30 Flag of Qatar.svg Qatar - Flag of Turkey.svg Turquía 69 - 76
23.08.06 19:30 Flag of Brazil.svg Brasil - Flag of Greece.svg Grecia 80 - 91
24.08.06 13:30 Flag of Australia.svg Australia - Flag of Qatar.svg Qatar 93 - 46
24.08.06 16:30 Flag of Lithuania.svg Lituania - Flag of Brazil.svg Brasil 79 - 74
24.08.06 19:30 Flag of Greece.svg Grecia - Flag of Turkey.svg Turquía 76 – 69
  • ¹Todos en Hamamatsu
  • ²Hora local de Xapón (UTC +9)

Grupo D (Sapporo)[editar | editar a fonte]

Equipo Pts G P PF PC Dif
1. Flag of the United States.svg Estados Unidos 10 5 0 543 428 +115
2. Flag of Italy.svg Italia 9 4 1 386 367 +19
3. Flag of Slovenia.svg Eslovenia 7 2 3 434 433 +1
4. Flag of the People's Republic of China.svg China 7 2 3 424 455 -31
5. Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico 7 2 3 432 440 -8
6. Flag of Senegal.svg Senegal 5 0 5 355 451 -96
  • Partidos
Data Hora² Partido¹ Resultado
19.08.06 14:00 Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico - Flag of the United States.svg Estados Unidos 100 - 111
19.08.06 16:30 Flag of Slovenia.svg Eslovenia - Flag of Senegal.svg Senegal 96 - 79
19.08.06 19:30 Flag of the People's Republic of China.svg China - Flag of Italy.svg Italia 69 - 84
20.08.06 13:30 Flag of Senegal.svg Senegal - Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico 79–88
20.08.06 16:30 Flag of Italy.svg Italia - Flag of Slovenia.svg Eslovenia 80–76
20.08.06 19:30 Flag of the United States.svg Estados Unidos - Flag of the People's Republic of China.svg China 121 - 90
22.08.06 13:30 Flag of the People's Republic of China.svg China - Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico 87 - 90
22.08.06 16:30 Flag of Italy.svg Italia - Flag of Senegal.svg Senegal 64 - 58
22.08.06 19:30 Flag of Slovenia.svg Eslovenia - Flag of the United States.svg Estados Unidos 95 - 114
23.08.06 13:30 Flag of Senegal.svg Senegal - Flag of the People's Republic of China.svg China 83 - 100
23.08.06 16:30 Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico - Flag of Slovenia.svg Eslovenia 82 - 90
23.08.06 19:30 Flag of the United States.svg Estados Unidos - Flag of Italy.svg Italia 94 - 85
24.08.06 13:30 Flag of Slovenia.svg Eslovenia - Flag of the People's Republic of China.svg China 77 - 78
24.08.06 16:30 Flag of Italy.svg Italia - Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico 73 - 72
24.08.06 19:30 Flag of the United States.svg Estados Unidos - Flag of Senegal.svg Senegal 103 – 58
  • ¹Todos en Sapporo
  • ²Hora local de Xapón (UTC +9)

Rolda final (Saitama)[editar | editar a fonte]

A selección española celebrando o título na cancha.

Nos oitavos de final a lóxica impúxose tendo en conta as actuacións na primeira rolda, exceptuando no partido que enfrontou a Italia contra Lituania, onde a primeira foi eliminada nos derradeiros segundos do encontro (cun gran número de tiros libres lanzados, pero só por tres xogadores diferentes entre ámbalas dúas seleccións).

Nos cuartos de final non houbo esta vez ningunha sorpresa, os catro equipos invictos conseguiron pasar á seguinte eliminatoria. Pudo verse xa unha clara separación entre os catro equipos que logo acadarían as semifinais e os outros competidores que tamén tiñan un bó nivel, pero non o suficiente como para poder poñer en apuros ós «cabezas de serie».

Nas semifinais produciuse unha especie de mostra de superioridade de Europa por enriba de América. Grecia deu a primeira sorpresa da xornada ó eliminar ó equipo estadounidense, mentres que España eliminaba a Arxentina, anteriores subcampións mundiais e campións olímpicos, nos derradeiros segundo do encontro grazas a un tiro libre de Jose Calderón, que non foi replicado na tripla que lanzou Manu Ginóbili sobre a bociña. A final entre España e Grecia era inédita nun Mundobasket. Sen Pau Gasol, mancado no nocello[11], a selección española comezou o partido dunha maneira fulgurante, deixando rapidamente atrás no marcador á selección grega, que atopábase perdida sen os seus lanzamentos exteriores. No parecía posíbel parar á España, que dominaba tódolos aspectos do xogo, sendo Jorge Garbajosa o seu líder ofensivo. Os gregos, quizáis cansados polo seu esforzo nas semifinais, non puideron máis que asistir impotentes á coronación dos españois como novos campións do mundo. Foron recibidos a noite mesma da chegada a España, na Praza de Castela da propia capital, Madrid [12]

Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
                           
26 de agosto de 2006 - 10:00            
 Flag of Argentina.svg Arxentina  79
29 de agosto de 2006 - 19:30
 Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia  62  
 Flag of Argentina.svg Arxentina  83
26 de agosto de 2006 - 17:00
   Flag of Turkey.svg Turquía  58  
 Flag of Turkey.svg Turquía  90
1 de setembro de 2006 - 19:30
 Flag of Slovenia.svg Eslovenia  84  
 Flag of Argentina.svg Arxentina  74
26 de agosto de 2006 - 20:00
   Flag of Spain.svg España  75  
 Flag of Spain.svg España  87
29 de agosto de 2006 - 16:30
 Flag of Serbia and Montenegro.svg Serbia e Montenegro  75  
 Flag of Spain.svg España  89
26 de agosto de 2006 - 13:00
   Flag of Lithuania.svg Lituania  67  
 Flag of Italy.svg Italia  68
3 de setembro de 2006 - 19:30
 Flag of Lithuania.svg Lituania  71  
 Flag of Spain.svg España  70
27 de agosto de 2006 - 20:00
   Flag of Greece.svg Grecia  47
 Flag of Greece.svg Grecia  95
30 de agosto de 2006 - 16:30
 Flag of the People's Republic of China.svg China  64  
 Flag of Greece.svg Grecia  73
27 de agosto de 2006 - 17:00
   Flag of France.svg Francia  56  
 Flag of France.svg Francia  68
1 de setembro de 2006 - 16:30
 Flag of Angola.svg Angola  62  
 Flag of Greece.svg Grecia  101
27 de agosto de 2006 - 13:00
   Flag of the United States.svg Estados Unidos  95   Terceiro posto
 Flag of the United States.svg Estados Unidos  113
30 de agosto de 2006 - 19:30 2 de setembro de 2006 - 19:30
 Flag of Australia.svg Australia  73  
 Flag of the United States.svg Estados Unidos  85  Flag of Argentina.svg Arxentina  81
27 de agosto de 2006 - 10:00
   Flag of Germany.svg Alemaña  65    Flag of the United States.svg Estados Unidos  96
 Flag of Germany.svg Alemaña  78
 Flag of Nigeria.svg Nixeria  77  


Rolda de calificación (5-8)[editar | editar a fonte]

  Semifinais Final
             
31 de agosto de 2006 - 16:30
 Flag of Turkey.svg Turquía 95  
 Flag of Lithuania.svg Lituania 84  
 
2 de setembro de 2006 - 16:30
     Flag of Turkey.svg Turquía 56
   Flag of France.svg Francia 64
 
 
Sétimo posto
31 de agosto de 2006 - 19:30 3 de setembro de 2006 - 16:30
 Flag of France.svg Francia 75  Flag of Lithuania.svg Lituania  77
 Flag of Germany.svg Alemaña 73    Flag of Germany.svg Alemaña  62


  • Todos en Saitama
  • Hora local de Xapón (UTC +9)

Resultados finais[editar | editar a fonte]

Posición Equipo Vitorias-Derrotas Basketaverage[13]
Finalistas
1 Gold medal.svg Flag of Spain.svg España 9-0 1,3109
2 Silver medal.svg Flag of Greece.svg Grecia 8-1 1,1162
Eliminados en Semifinais
3 Bronze medal.svg Flag of the United States.svg Estados Unidos 8-1 1,2367
4 Flag of Argentina.svg Arxentina 7-2 1,2397
Eliminados en Cuartos de Final
5 Flag of France.svg Francia 6-3 1,0387
6 Flag of Turkey.svg Turquía 6-3 0,9940
7 Flag of Lithuania.svg Lituania 5-4 1,1380
8 Flag of Germany.svg Alemaña 5-4 1,0530
Eliminados en oitavos de Final
9 Flag of Italy.svg Italia 4-2 1,0365
10 Flag of Angola.svg Angola 3-3 1,0822
11 Flag of Serbia and Montenegro.svg Serbia e Montenegro 2-4 1,1025
12 Flag of Slovenia.svg Eslovenia 2-4 0,9904
13 Flag of Australia.svg Australia 2-4 0.9589
14 Flag of Nigeria.svg Nixeria 2-4 0,9512
15 Flag of the People's Republic of China.svg China 2-4 0,8873
16 Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia 2-4 0,8623
Eliminados en Primeira Rolda
17 Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico 2-3 0,9818
18 Flag of Lebanon.svg Líbano 2-3 0,7915
19 Flag of Brazil.svg Brasil 1-4 1,0179
20 Flag of Japan.svg Xapón 1-4 0,8193
21 Flag of Venezuela.svg Venezuela 1-4 0,7887
22 Flag of Senegal.svg Senegal 0-5 0,7871
23 Flag of Panama.svg Panamá 0-5 0,7599
24 Flag of Qatar.svg Qatar 0-5 0,6798

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Na primeira rolda[editar | editar a fonte]

  • Mellor anotador : Flag of the People's Republic of China.svg Yao Ming - 28,4 puntos por partido
  • Mellor reboteador : Flag of Venezuela.svg Richard Lugo - 11,4 rebotes por partido
  • Mellor pasador : Flag of the United States.svg Chris Paul - 6,8 asistencias por partido

Os premios individuais[editar | editar a fonte]


Conclusións do campionato[editar | editar a fonte]

É a primeira vez que ámbolos dous finalistas chegaban a ese estado do campionato. Pero máis aló diso, o resultado do continente europeo foi moi bó: dous finalistas, seis seleccións de oito nos cuartos de final, unha moi boa impresión técnica e táctica... que incluso suscitou a admiración do adestrador estadounidense. Admiración reforzada polo feito de que só un dos finalistas xogaba na NBA, Jose Manuel Calderón.

Unha xogada no Alemaña-Lituania.

Sen o seu mellor xogador, Pau Gasol, España viu o triunfo do seu fabuloso equipo junior de 1999, a chamada Generación de Oro (Xeración de Ouro en galego): Pau Gasol, Felipe Reyes, Juan Carlos Navarro, José Manuel Calderón, Berni Rodríguez). Trala súa demostración ofensiva contra a selección estadounidense, Grecia e o seu lexendario adestrador Panayiótis Giannákis non puido sobrepoñerse á defensa española (31% de posesión). Os estadounidenses e os arxentinos intentaron chegar ós niveis destos dous equipos, facendo así que a opinión xeral fora que ás semifinais chegaron os catro mellores equipos. E é que os arxentinos non foron os que perderon, senon que os españois foron os que acadaron a final nos derradeiros segundos, provocando así a súa inesperada ausencia do podio final. Coa retirada da maioría dos xogadores maiores de trinta anos da selección, o futuro da Albiceleste semella peor. Os Estados Unidos gañaron unha nova medalla, mellorando así o resultado do Mundial de Indianápolis, no que remataron no sexto lugar. O plan de traballo da selección estadounidense está enfocado ós Xogos Olímpicos de 2008 tendo nesta medalla de bronce un bó impulso.

En cabeza das restantes selección rematou Francia, a pesares da ausencia de Tony Parker. Entre os equipos máis mozos da competición, e con moitas esperanzas postas neles, atópanse Turquía (6º) ou Lituania (7º); e incluso Italia (9º), que contou con Marco Belinelli, ou Serbia e Montenegro (11º) teñen ambicións similares con respecto o vindeiro relevo xeracional. Dirk Nowitzki semellou que non liderou todo o que realmente podía á selección alemá (8º), sobre todo nos momentos decisivos.[14].

Os equipos africanos confirmaron a melloría do nivel do seu baloncesto dentro da xerarquía mundial. Angola tardou tres tempos extra en caer derrotada contra os alemáns, e mostrou unha disposición excelente en oitavos de final contra a selección francesa, mentres Nixeria non decepcionaba tampouco, ó derrotar á selección serbomontenegrina na primeira rolda. A representación en aumento de xogadores procedentes do continente negro na NBA fai pensar que haberá que ter moi en conta no futuro ós países africanos nas competicións internacionais. América, exceptuando a Estados Unidos e Arxentina, está no momento contrario, pasando un bache coa selección de Brasil, noutra época liderada por Oscar Schmidt, na cola da competición, e Porto Rico, que sen as súas antigas estrelas Ramón Rivas e Piculín Ortiz quedou tamén na parte baixa, pero un pouco mellor que Panamá. Asia e Oceanía tamén decepcionaron: Australia (a pesares da presenza na selección de Andrew Bogut) e Nova Zelandia tamén fixeron un mal torneo, ó igual que a selección anfitriona, Xapón, mentres que China seguiu tan débil coma sempre, excepto Yao Ming, e será moi raro que poidansubir ó podio dos Xogos Olímpicos de Pekín.

Para terminar, o arbitraxe non deu para polémicas, o que tamén semella confirmar o progreso do baloncesto FIBA. O público asistente ós partidos comportouse perfectamente, en parte influído pola timidez dos xaponees á hora de animar. Ademais, o interese mediático global, exceptuando nos Estados Unidos tamén semella aumentar, xa que a web oficial da FIBA, fiba.com, tivo a mellor progesión na clasificación Alexa do momento.[15].

As consecuencias[editar | editar a fonte]

A eliminación prematura de certos equipos repercutiu sobre os seus adestradores. Así, Julio Toro[16], seleccionador de Porto Rico, e Ted Baldwin[17], seleccionador de Nova Zelandia dimitiron das súas funcións. Neses días, o presidente de Turquía, Ahmet Necdet Sezer felicitou personalmente, por vía telefónica, os xogadores da selección turca, sendo esta unha actuación moi diferente á do remate do anterior Eurobasket.

Os xornais españois, malia que a ACB ocupaba un importante lugar nas súas novas, estaban acostumados ós titulares de tema futbolístico, mais fixeron sitio nas súas portadas para o éxito da selección española recollendo, entre outas cousas, a felicitación que o Rei de España lles deu, na que os calificou como "heroes"[18].

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • O equipo dos Estados Unidos, que rematou no terceiro lugar, esixiu que as medallas foran entregadas ó final do partido polo terceiro e cuarto posto, para poder colle-lo avión de volta o máis cedo posíbel. Non estiveron presentes no podio final.
  • Pepu Hernández, adestrador da selección española, perdeu ó seu pai horas antes da final do campionato[19]. Non informou ó equipo do suceso antes do remate do encontro por medo á reacción do equipo.
  • No mesmo momento no que a selección española celebraba a súa vitoria na Praza de Castela de Madrid, estaba a arder a Torre Espacio[20], o que será o rañaceos máis alto de España, a escasamente un quilómetro de alí.

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Campionato do Mundo de Baloncesto de 2006

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

FIBA Internacional
FIBA | Campionato Mundial
África: FIBA África | Asia: FIBA Asia
América: FIBA Américas | Europa: FIBA Europa
Oceanía: FIBA Oceanía
Mundo FIBA

██ Asia:

██ África:

██ América:

██ Oceanía:

██ Europa: