Hiroshima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Hiroxima")

Coordenadas: 34°23′7″N 132°27′19″E / 34.38528°N 132.45528°E / 34.38528; 132.45528

Hiroshima-shi - 広島市
Flag of Hiroshima.svg
Bandeira
Hiroshima montage.jpg
Mapa
Hiroshima in Hiroshima Prefecture Ja.svg
Localización de Hiroshima na prefectura de Hiroshima
Map of Japan with highlight on 34 Hiroshima prefecture.svg
Localización da prefectura de Hiroshima no Xapón
Información
País Flag of Japan.svg Xapón
Illa Honshu
Rexión Rexión de Chūgoku, Rexión de San'yō
Prefectura Prefectura de Hiroshima
Superficie 905,25 km²
Poboación 1.171.132 (2009)
Densidade 1.290 hab./km²
Alcalde Tadatoshi Akiba
Páxina web city.hiroshima.lg.jp

Hiroshima,[1] ás veces tamén escrito Hiroxima,[2] (広島市, ひろしまし; Hiroshima-shi) é unha cidade xaponesa, capital da prefectura de Hiroshima, na rexión de Chūgoku. En 2003, a cidade contaba cunha poboación estimada de 1.136.684 persoas e unha densidade de poboación de 1.532,44 hab./km². A súa superficie total é de 741,75 km². Hiroshima adquiriu estatuto de cidade o día 1 de abril de 1889.

Historia[editar | editar a fonte]

Efectos da Bomba atómica en Hiroshima.

A cidade foi amplamente danada durante a Segunda Guerra Mundial por unha bomba atómica chamada Little Boy lanzada polo exército dos Estados Unidos. A bomba foi a segunda da súa clase en ser detonada, e a primeira utilizada para fins militares. Os ataques atómicos sobre Hiroshima e Nagasaki foron factores decisivos na capitulación xaponesa na guerra.

Hiroshima foi fundada no ano 1589 na costa da illa de Seto, e converteuse nun cetro urbano durante o período Meiji. A cidade está localizada no delta do río Ota, o cal ten sete brazos que dividen a cidade en seis illas. A cidade está levemente elevada sobre a nivel do mar. Tras o ataque atómico, Hiroshima foi reconstruída como unha cidade en memoria da paz. O goberno continuou pedindo a abolición das armas atómicas e, a maior escala, a paz mundial.

Hiroshima ten dous sitios clasificados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade:

Bombardeo da Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

O salón promocional de Hiroshima e a cúpula de Gembaku, o único edificio que permaneceu en pé despois da explosión.

Durante a Segunda Guerra Mundial, Hiroshima era unha cidade de importancia militar considerábel. Contiña os cuarteis do segundo exército, os cales xestionaban a defensa do sur do Xapón. A cidade era tamén un centro de comunicación, un punto de almacenamento e unha área de ensamblaxe de tropas.

O centro da cidade contiña un número de edificios de formigón reforzados e estruturas máis liviás. Na área dos arredores había unha conglomeración de pequenos talleres de madeira, entre casas xaponesas e algunhas plantas industriais. As casas eran de madeira, con teitos de tellas. Moitos dos edificios industriais eran tamén de madeira. A cidade en xeral era extremadamente susceptíbel aos incendios.

Algúns dos edificios de formigón reforzado eran construcións moito máis fortes que as requiridas polos estándares dos Estados Unidos, debido aos perigos de terremoto presentes no Xapón. Isto tivo unha grande incidencia no feito de que moitas destas estruturas permaneceran en pé tras a explosión. Outro factor importante para este fenómeno é que a explosión foi máis poderosa cara abaixo que cara os lados.

A poboación de Hiroshima alcanzara un pico de máis de 380.000 habitantes ao comezo da guerra, mais antes do ataque atómico, a poboación foi reducida a 255.000 habitantes (aproximadamente) debido a evacuacións.

Hiroshima foi o obxectivo primario da primeira misión de ataque aéreo levada a cabo polo exército dos Estados Unidos. O ataque resultou perfecto en cada aspecto. O clima era favorábel, a tripulación actuou sen erros e o equipamento funcionou á perfección. O ataque resultou tal e como se planeara en cada pequeno detalle, e a bomba actuou exactamente como se esperaba.

A bomba estoupou sobre Hiroshima ás 8:15 da mañá do 6 de agosto de 1945. Cerca dunha hora antes, os radares xaponeses xa detectaran algunhas aeronaves estadounidenses acercándose ao sur do Xapón. Deuse a alerta e as transmisións de radio pararon en varias cidades, entre elas Hiroshima. Os avións acercáronse á costa a grande altura. Cerca das 8:00 da mañá, o operador de radar en Hiroshima puido determinar que o número de avións acercándose era moito menor e levantouse a alerta antiaérea. Transmitiuse pola radio unha alerta suxirindo o uso de refuxios ao avistamento de B-29s. Ás 8:12, o B-29 Enola Gay soltou a bomba atómica Little Boy (pequeno neno) sobre o centro da cidade e a bomba estalou cunha explosión da magnitude de 12.000 toneladas de dinamita, matando máis de 80.000 persoas de inmediato.

Ao mesmo tempo, o operador de control da compañía de transmisión xaponesa en Tokio notou que a estación de Hiroshima encontrábase fóra do ar. Intentou utilizar otra liña telefónica para restabelecer o seu programa, pero fallou tamén. Cerca de 20 minutos máis tarde, o centro telegráfico en Tokio notou que a liña de telégrafo parara de funcionar ao norte de Hiroshima. Dalgunhas estacións de tren pequenas e próximas á cidade chegaron informes oficiosos e confusos dunha terríbel explosión en Hiroshima. Todos estes comunicados foron transmitidos aos cuarteis xerais xaponeses. Os cuarteis militares intentaron comunicarse reiteradas veces coa estación de control do exército en Hiroshima. O absoluto silencio proveniente da zona confundiu os homes do cuartel; sabían que ningún ataque inimigo a grande escala podería ter ocorrido, e sabían que daquela non existían depósitos de explosivos de grande tamaño en Hiroshima. Ordenouselle a un xove oficial voar inmediatamente a Hiroshima, aterrar, identificar os danos e regresar a Tokio con información fiábel para os membros do cuartel xeral.

O oficial dirixiuse ao aeroporto e despegou cara o suroeste. Tras cerca de tres horas de voo, mentres se encontraba aínda ao redor de 100 millas Hiroshima, o oficial e o seu piloto divisaron unha enorme nube de fume sobre a cidade. A media tarde ardían os restos de Hiroshima.

O seu avión axiña chegou á cidade, a cal bordearon. Unha xigantesca cicatriz sobre a tierra, aínda ardendo, e cuberta por unha moi espesa nube de fume, era todo o que quedaba dunha gran cidade. Aterraron ao sur da cidade e o oficial comezou a organizar medidas de axuda, despois de informar do visto a Tokio.

As primeiras novas da causa do desastre en chegar a Tokio viñeron da Casa Branca, 16 horas despois do ataque. Estímase que cara fins de 1945 morreron máis de 60.000 persoas debido aos danos causados pola explosión. Sen embargo, este total non inclúe as vítimas a longo prazo debidas a enfermidades causadas polas radiacións.

Case de inmediato despois do fin da Segunda Guerra Mundial, e persistindo até o día de hoxe, os bombardeos atómicos sobre as cidades de Hiroshima e Nagasaki foron cuestionados. O seu uso ten sido cualificado de bárbaro baixo as premisas de que o presidente Harry Truman sabía que Hirohito tiña a intención de renderse en breve e de que, no momento do ataque, o territorio estadounidense non estaba en perigo. Ademais de destruir unha base militar e un centro industrial militar, decenas de miles de civís foron asasinados. Algúns alegan que os xaponeses estaban xa esencialmente derrotados e que o uso das bombas era innecesario.


Decenas de miles de personas marcaron o 40 aniversario do bombardeo atómico da cidade o 6 de agosto de 1985.

División administrativa[editar | editar a fonte]

Wards of Hiroshima City Ja.svg

O concello de Hiroshima divídese en 8 barrios (ku 区):

Economía[editar | editar a fonte]

Deporte[editar | editar a fonte]

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega (aquí) e no Portal das Palabras (aquí) para bomba.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 107. ISBN 84-8158-266-2. http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hiroshima