WildCard da FIBA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A WildCard da FIBA é unha invitación que a FIBA lles ofrece a algunhas seleccións nacionais que non se calificaron para o Mundobasket a través das súas respectivas competicións continentais.

Criterios de decisión[editar | editar a fonte]

Os criterios para obte-la WildCard son:

  • A selección candidata deberá haber participado no campionato que serve de cualificación continental da súa Zona FIBA.
  • Poden estar invitadas un máximo de tres seleccións por Zona FIBA.

Ademais destes criterios, a FIBA tamén ten en conta os seguintes aspectos:

  • Aspectos deportivos:
  1. Popularidade do baloncesto no país.
  2. Calidade e resultados deportivos da selección nacional.
  3. Calidade do traballo da Federación Nacional.
  • Aspectos económicos:
  1. Cobertura das televisións nacionais das competicións locais e internacionais.
  2. Importancia do país para a mercadotecnia da FIBA e para a televisión que a patrocina.
  3. Importancia do país para os organizadores do Mundial de baloncesto.

WildCards para o 2006[editar | editar a fonte]

As seleccións invitadas pola FIBA a través das WildCards foron decididas polo Comité Central[1] o 26 e 27 de novembro de 2005, en Roma, Italia.

O Secretario Xeral da FIBA, Patrick Baumann, foi o encargado de propoñe-los nomeados, e o Comité Central de decidir sobre eles.

Finalmente, as catro seleccións ás que se lle outorgaron un WildCard para o XVI Campionato do Mundo de baloncesto foron:

  1. Italia - FIBA Europa
  2. Porto Rico - FIBA Americas
  3. Serbia e Montenegro - FIBA Europa
  4. Turquía - FIBA Europa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O Comité Central da FIBA é a asemblea xeral composta por 20 membros máis 3 ex-officio. Ten por funcións establece-lo Regulamento Internacional e asigna-la organización do Campionato mundial de baloncesto.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Web Oficial da FIBA Arquivado 04 de novembro de 1996 en Wayback Machine. (en inglés).