Campionato do Mundo de Baloncesto de 1986

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polideportivo da Malata, sé do campionato mundial de 1986 en Ferrol.

O X Campionato mundial de baloncesto de 1986 celebrado en España organizado pola Federación Internacional de Baloncesto levouse a cabo nas cidades de Zaragoza, Málaga, Santa Cruz de Tenerife, Barcelona, Oviedo e Madrid, amais da cidade galega de Ferrol. Por vez primeira na historia participaron 24 seleccións na fase final, cousa que non volvería repetirse até o Mundial de Xapón 2006.