Paul Allen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul Allen
Nome completoPaul Gardner Allen
Nacemento21 de xaneiro de 1953
Lugar de nacementoSeattle
Falecemento15 de outubro de 2018
Lugar de falecementoSeattle
Causalinfoma não Hodgkin e choque séptico
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade do Estado de Washington, Universidade Harvard e Lakeside School
Ocupacióninventor, informático teórico, produtor de cinema, músico, emprendedor, empresario, produtor musical, compositor, coleccionista de arte, produtor de televisión, programador, filántropo, investidor e cofundador
IrmánsJody Allen
PremiosCarnegie Medal of Philanthropy e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
Na rede
http://www.paulallen.com/
IMDB: nm0020885 Twitter: PaulGAllen Musicbrainz: 94250c74-dbb7-440a-bc90-5dc4e380be3a WikiTree: Allen-34991 Find a Grave: 194002200 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Paul Allen, nado en Seattle (Washington) o 21 de xaneiro 1953 e finado o 15 de outubro de 2018, foi un informático estadounidense cofundador de Microsoft e amigo de Bill Gates, con quen desenvolveu as primeiras versións de MS-DOS.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Xa dende os 14 anos comezou a ser un grande entusiasta dos ordenadores. Allen foi á Washington State University, pero deixouna dous anos máis tarde xunto con Bill Gates para perseguir o seu soño de escribir software comercial para os novos ordenadores persoais.

Microsoft[editar | editar a fonte]

Xunto con Bill Gates fundou Microsoft (inicialmente "Micro Soft") en Albuquerque, Novo México, en 1975, e comezaron vendendo un intérprete da linguaxe de programación BASIC. Allen foi a punta de lanza dun trato de Microsoft para comprar un sistema operativo chamado QDOS por 50,000 $; non era esperable que sendo programadores pagasen por un sistema baseado na súa totalidade en terminais e comandos, mais con isto Microsoft gañou un contrato para subministrar o sistema operativo para os novos PC de IBM. Isto fixo que Microsoft tivera un remarcable crecemento.

Saída de Microsoft[editar | editar a fonte]

Allen viuse obrigado a renunciar a Microsoft en 1983 despois de diagnosticárselle a enfermidade de Hodgkin, a cal superou despois de moitos meses de tratamento de radioterapia e un transplante de medula ósea.