Bárcena de Pie de Concha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBárcena de Pie de Concha
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°07′36″N 4°03′17″O / 43.126666666667, -4.0547222222222Coordenadas: 43°07′36″N 4°03′17″O / 43.126666666667, -4.0547222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor em Wikidata
CapitalBárcena de Pie de Concha Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación674 (2023) Editar o valor em Wikidata (22,08 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie30,53 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude288 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Código INE39010 Editar o valor em Wikidata

Sitio webaytobarcenapc.com Editar o valor em Wikidata

Bárcena de Pie de Concha é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España), localizado no Val de Iguña. Limita polo sur con Pesquera, Santiurde de Reinosa e San Miguel de Aguayo, polo norte e leste con Molledo e polo oeste con Hermandad de Campoo de Suso e Los Tojos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O municipio está na vía de paso cara a meseta máis transitada historicamente e por onde se trazaron infraestruturas como o ferrocarril e a autovía Cantabria - Meseta. Conserva en bo estado un tramo da chamada "calzada romana" entre Bárcena de Pie de Concha e a localidade de Pesquera e que presumiblemente formaba parte da vía que comunicaba Portus Blendium (actual Suances) con Segisamo (Sasamón). Algunha fonte pon en dúbida a súa orixe romana e data a súa construción no século XVIII.[1]

Localidades[editar | editar a fonte]

Os 787 habitantes (INE, 2008) de Bárcena de Pie de Concha, distribúense nas seguintes localidades:

  • Bárcena de Pie de Concha (Capital), 607 hab., dos cales 9 están en poboamentos diseminados.
  • Pie de Concha, 104 hab.
  • Pujayo, 76 hab.
  • Montabliz, deshabitado.

Bárcena de Pie de Concha é tamén o nome da capital do municipio. Localízase a 288 metros sobre o nivel do mar. No 2008 contaba cunha poboación de 607 habitantes (INE). Sitúase na faldra dunha elevada montaña e nas inmediacións da desembocadura do río Torina no río Besaya. Desde esta localidade pode ascenderse ao Pico Jano (1.288-1.290 msnm).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Calzada romana de Bárcena de Pie de Concha(Cantabria), construída baixo Augusto e Tiberio polos soldados da Legio IV Macedonica entre Segisama Iulia (Sasamón) e Portus Blendium (Suances), para unir o val do Douro co Cantábrico.

Tres son os bens de interese cultural deste municipio:

  • Rollo do termo municipal de Bárcena de Pie de Concha, con categoría de monumento
  • Camiño Real de Las Hoces, que vai desde este municipio até Pesquera, tamén con categoría de monumento.
  • Calzada romana do val do Besaya, con categoría de zona arqueolóxica e que afecta, ademais, aos municipios de Pesquera e Molledo. O percorrido pode emprenderse desde Pie de Concha, que se atopa a un quilómetro de Bárcena, pola estrada de Pujayo; esta calzada romana unía Pisoraca (Herrera de Pisuerga) con Portus Blendium (en Suances).

Está clasificado como ben inmoble de interese local a igrexa de San Cosme e San Damián de Bárcena de Pie de Concha, que data da segunda metade do século XII). É un edificio de arquitectura románica popular. Ten unha espadana barroca e outros elementos de séculos posteriores. Son Benes Inventariados a igrexa de Pujayo e a de Pie de Concha.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2005
1.091 1.200 1.235 1.107 1.102 1.112 1.137 1.012 920 952 805

Fonte: INE

Administración[editar | editar a fonte]

Nas seguintes táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.[2]

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 314 48,99 % 4
PSOE 208 32,45 % 2
PRC 105 16,38 % 1
  • Alcalde electo: José Félix de las Cuevas González (PP).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PP 300 47,10 % 4
PSOE 202 31,71 % 2
PRC 113 17,74 % 1
  • Alcalde electo: José Félix de las Cuevas González (PP).

Economía[editar | editar a fonte]

Bárcena de Pie de Concha sufriu unha precoz industrialización desde comezos do século XX. Por un curto período de tempo, a empresa belga Solvay instalouse na vila de Bárcena, sobre o río Besaya. As súas instalacións foron adquiridas posteriormente por Electra de Viesgo que as transformou nunha central hidroeléctrica que segue actualmente en funcionamento.

No ano 1923 Electra de Viesgo inaugurou o salto de Torina e o encoro de Alsa. Esta obra foi ampliada en 1983 coa construción dun encoro superior en Jano e dunha central de bombeo. Todo o conxunto segue en plena actividade, sendo a principal fonte de riqueza do municipio.

Tamén nos primeiros anos do século pasado instaláronse na vila dúas pequenas industrias queixeiras, unha das cales deu orixe á industria láctea Leche Collantes, actualmente desaparecida, pero que canda unha fábrica de pensos, unha gran granxa avícola e unha macroganadería de vacas de leite, foron as fontes de emprego durante a segunda metade do século.

A isto cabe engadir os empregos xerados polo ferrocarril que atravesa o pobo e a proximidade das industrias de Los Corrales de Buelna. Trala guerra civil, a gandaría e a agricultura pasaron a ter un papel secundario na vida do pobo e hoxe carecen de relevancia.

Como a inmensa maioría dos pobos da zona, Bárcena é un municipio habitado por pensionistas e un pequeno número de traballadores que encontran fóra do municipio o seu posto de traballo. Tamén, aínda que ten unha pequena industria hostaleira, o turismo non ten gran relevancia no lugar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Isaac Moreno Gallo (2006). "Vías Romanas. Ingeniería y técnica constructiva." (PDF) (en español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de outubro de 2010. Consultado o 19 de febreiro de 2011. 
  2. Resultados electorais do municipio (2003 e 2007)