El Astillero
Coordenadas: 43°24′6″N 3°49′10″W / 43.40167°N 3.81944°W
| El Astillero | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade Autónoma: | Cantabria |
| Comarca: | Santander |
| Xeografía | |
| Altitude: | 20 msnm |
| Superficie: | 6,8 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 17.545 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 2580,15 hab./km² |
| Xentilicio: | Astillerense |
| Información | |
| Código postal: | 39610 |
| Alcalde: | Carlos Cortina Ceballos (PP) (2007) |
| Sitio na web: | www.astillero.es |
El Astillero (Real Astillero de Guarnizo), é un municipio cántabro, situado á beira das rías de Solía, e a de El Carmen e a de Astillero (Baía de Santander).
Está situado entre os termos municipais de Camargo, ao que antigamente pertenceu El Astillero, Villaescusa, Piélagos, Medio Cudeyo e Marina de Cudeyo. Situado ao pé de Pena Cabarga, atópase a 7,5 quilómetros da capital da comunidade, Santander, e está a 20 metros de altitude sobre o nivel do mar.
A confluencia das rías e a costa da baía forma unha gran extensión de humidais onde aniñan durante todo o ano diversas aves migratorias. O municipio ten unha superficie de 6,80 km².
Con 17.632 habitantes (INE, 2008), este municipio é o sexto núcleo máis poboado de Cantabria.