Valdeolea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°52′40″N 4°9′44″W / 42.87778°N 4.16222°W / 42.87778; -4.16222

Valdeolea
[[Ficheiro:Valdeolea Spain.svg|90px]]
Situación xeográfica
Valdeolea (Cantabria) Mapa.svg
País España España
Comunidade Autónoma Cantabria
Comarca Campoo-Los Valles
Xeografía
Altitude 953 msnm
Superficie 83,72 km²
Poboación
Poboación 1.216 hab. (2009)
Densidade 14,52 hab./km²
Información
Código postal 39418
Alcalde Ángel Calderón Sainz (PSC-PSOE) (2007)
Páxina web

Valdeolea é un concello situado na comunidade autónoma de Cantabria (España), na comarca de Campoo-Los Valles. Limita polo norte con Hermandad de Campoo de Suso e Campoo de Enmedio, polo oeste con Valdeprado del Río e polo leste e sur con Brañosera (Palencia).

Atópase na vía natural de comunicación entre Palencia e Santander, xunto á estrada nacional N-611 e o ferrocarril. Como curiosidade cabe destacar que o seu territorio pertence case na súa totalidade á cunca do Douro.

Localidades[editar | editar a fonte]

Os seus 1.301 habitantes (INE, 2006) repártense por:

Patrimonio[editar | editar a fonte]

«O Cabezudo», de 4,85 metros, é o menhir máis alto de Valdeolea.

Valdeolea destaca polo seu patrimonio natural, artístico e cultural. A súa xeografía está repleta de exemplos de arte románica, incluíndose dentro do País del Románico, así como de megalitismo, con numerosos menhires dispersos por boa parte do territorio, algo inédito en Cantabria. Destacan os seguintes bens de interese cultural no municipio:

  • Ermida de San Miguel, en Olea, con categoría de monumento.
  • Igrexa de Santa María a Real, en Las Henestrosas de las Quintanillas, monumento; ten pinturas góticas.
  • Igrexa de San Martín en San Martín de Hoyos, monumento.
  • Igrexa de Santa Eulalia, en La Loma, monumento; ten pinturas góticas.
  • Igrexa de San Juan Bautista, en Mata de Hoz, monumento; ten pinturas góticas.
  • Torre Medieval en San Martín de Hoyos, monumento.
  • Sitio arqueolóxico romano-medieval de Camesa-Rebolledo, con categoría de zona arqueolóxica. Trátanse dos restos arqueolóxicos dunha vila romana que, ao parecer, podería pertencer a Octaviolca. Conta con restos arqueolóxicos correspondentes a un dilatado período histórico: desde a romanización até a Idade Media.
  • Sitio arqueolóxico do monte Ornedo, zona arqueolóxica.

Ademais, hai dous Bens de interese local:

  • Edificio nobre de Henestrosas de las Quintanillas.
  • Ponte de Casasola en Casasola.

E tres Bens inventariados:

  • Ponte de Santa Olalla
  • Ponte de Reinosilla
  • Unha das locomotoras de vapor ("Udías, María, Revilla, Peñacastillo, Reyerta e Begoña 3"), en concreto a locomotora Begoña 3, localizada en Mataporquera.

No que respecta ao patrimonio natural destaca o río Camesa, afluente do río Pisuerga.

Economía[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, as actividades económicas do municipio foron as do sector primario: agricultura e gandería, pero grazas ao núcleo industrial de Reinosa e ao turismo que frecuenta a comarca, a actividade desprazouse cara os sectores secundario e de servizos.

O municipio conta cun relevante tecido industrial cuxo máximo representante é Cementos Alfa: cementeira asentada en Mataporquera (a capital municipal).

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2006
2.335 2.600 2.805 3.087 3.106 4.033 4.592 3.515 2.310 1.947 1.503 1.301

Fonte: INE

Administración[editar | editar a fonte]

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 429 44,09 % 5
PP 312 32,07 % 3
PRC 147 15,11 % 1
  • Alcalde electo: Ángel Calderón Sainz (PSC-PSOE).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 428 48,14 % 5
PP 263 29,58 % 3
PRC 141 15,86 % 1
  • Alcalde electo: Ángel Calderón Sainz (PSC-PSOE).