Villafufre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVillafufre
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°16′02″N 3°53′31″O / 43.267222222222, -3.8919444444444Coordenadas: 43°16′02″N 3°53′31″O / 43.267222222222, -3.8919444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor em Wikidata
CapitalVillafufre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación999 (2023) Editar o valor em Wikidata (33,19 hab./km²)
Xeografía
Superficie30,1 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude222 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Villafufre (en) Traducir Editar o valor em WikidataJosé Luis Cobo Fernández Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39638 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE39100 Editar o valor em Wikidata

Sitio webvillafufre.com Editar o valor em Wikidata

Villafufre é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Santa María de Cayón, polo sur con Villacarriedo, polo oeste con Santiurde de Toranzo e polo leste con Saro. O municipio atópase na comarca do Pas-Miera (comarca dos Valles Pasiegos) e polo seu territorio discorre o río Pisueña, principal afluente do río Pas.

Esténdese sobre unha superficie de 30,1 km² no límite norte da comarca pasiega, entre as cabeceiras dos vales de Toranzo e Carriedo, atravesados polos ríos Pas e Pisueña respectivamente.

Os núcleos de poboación do concello (ten 1115 habitantes) aséntanse ao sur da Serra Manzano, a cal coroa os cotos de Sopeña (532 metros) e Caballar (656 metros). No centro elévase o coto de San Martín (319 metros), que ten dúas vertentes, pola occidental descende o arroio de La Plata e pola oriental numerosos regos que dan ao río Pisueña (Bustillo, Socorral, Álamos).

Localidades[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

Un 28,1 % da poboación de Villafufre emprégase no sector primario, un 18,8 % na construción, un 17,6 % na industria e un 35,6 % no sector servizos. Predomina por tanto o sector terciario.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2005
1.518 1.495 1.519 1.513 1.648 1.675 1.585 1.439 1.264 1.194 1.145 1.115

Fonte: INE

Administración[editar | editar a fonte]

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 475 55,10 % 6
PSOE 232 26,91 % 2
PRC 131 15,20 % 1
  • Alcalde electo: Marcelo Mateo Amezarri (PP).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PP 509 49,52 % 6
PRC 287 34,79 % 3
  • Alcalde electo: Marcelo Mateo Amezarri (PP).