Arredondo
Coordenadas: 43°16′33″N 03°36′02″W / 43.27583°N 3.60056°W
| Arredondo | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade Autónoma: | Cantabria |
| Comarca: | Asón-Agüera |
| Xeografía | |
| Altitude: | 161 msnm |
| Superficie: | 46,83 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 517 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 11,04 hab./km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | 39813 |
| Alcalde: | Luis Alberto Santander Peral (PRC)(2007) |
| Sitio na web: | |
Arredondo é un concello da comunidade autónoma de Cantabria. Está situado na comarca de Asón-Agüera. Limita cos concellos de Ruesga e Riotuerto polo norte, polo leste con Ruesga, polo sur con Soba e polo oeste con Ruesga e Miera.
O municipio atópase no pé do porto de Alisas, e polo territorio pasan os ríos Asón e Bustablado.
Índice |
Localidades [editar]
- Alisas.
- Arredondo (Capital).
- Asón.
- El Avellanal.
- La Iglesia.
- Rocías.
- La Roza.
- Socueva.
- Tabladillo.
- Val del Asón.
Historia [editar]
Desde aquí emigraron numerosos indianos cara América, onde fixeron fortuna e volveron con grandes ganancias e riquezas. Este municipio estivo vinculado enteiramente con Ruesga, posto que no ano 1822 pertencía a ese réxime señorial, en concreto á Casa dos Velasco. Trala formación de ambos concellos, o territorio de Ruesga quedou divido en dúas zonas, e Arredondo, unha delas, quedou practicamente rodeada por Ruesga.
Núcleo de población [editar]
Arredondo é localidade e capital municipal, e está a unha altitude de 161 metros sobre o nivel do mar. No 2008, a localidade contaba cunha poboación de 242 habitantes (Instituto Nacional de Estadística). Está situada a unha distancia de 45 quilómetros da capital cántabra Santander.
Cabe mencionar o Centro Ictiolóxico, un centro de cultivo de salmóns que estuda os ecosistemas fluviais.
Patrimonio [editar]
Dous son os bens de interese cultural, con categoría de monumento, deste municipio:
- A igrexa rupestre de San Xoán, en Socueva, nun farallón calcario dominando o pobo de Socueva. As paredes que non son de pura rocha están feitas de cachotería. Ten unha nave e unha ábsida con bóveda de forno, separado por un arco triunfal de ferradura. Conserva restos da mesa de altar e o seu soporte. Pertence ao século IX.
- A igrexa parroquial de San Pelaio, na capital municipal, do século XIX de arquitectura neoclásica.
Economía [editar]
Un 42,9 % da poboación de Arredondo emprégase no sector primario, un 10 % na construción, un 9 % na industria e un 38,1 % no sector terciario.
Demografía [editar]
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2005 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1.538 | 1.527 | 1.496 | 1.543 | 1.370 | 1.361 | 1.216 | 1.052 | 812 | 788 | 635 | 558 |
Fonte: INE
Administración [editar]
Nas seguintes táboas amósanse os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003 e 2007.
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Personaxes ilustres [editar]
- José Gutiérrez-Solana: (1886-1945) Pintor e escritor.
- Antonino Gutiérrez Solana ("El pasiego"): (1800-1855) Indiano benefactor.
Festas [editar]
- 1 de xuño, San Íñigo, declarada festa de interese local.
- 13 de xuño, San Antonio, en Asón.
- 24 de xuño, San Xoán, en Socueva.
- 26 de xuño, San Pelaio, en Arredondo.
- Segundo sábado de agosto, "El Turista", en Arredondo.
- 30 de agosto, Os Mártires, en Arredondo.
- 1 de novembro, Feira de Ano de Todos os Santos, en Arredondo, consistente nun importante encontro ganadeiro.