Hazas de Cesto
Coordenadas: 43°23′49″N 03°35′23″W / 43.39694°N 3.58972°W
| Hazas de Cesto | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade Autónoma: | Cantabria |
| Comarca: | Trasmiera |
| Xeografía | |
| Altitude: | 50 msnm |
| Superficie: | 21,9 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.484 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 67,76 hab./km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | 39840 |
| Alcalde: | José María Ruiz Gómez (PRC) (2007) |
| Sitio na web: | |
Hazas de Cesto é un concello e localidade da comunidade autónoma de Cantabria, España, na Comarca de Trasmiera. Limita polo norte co municipio de Meruelo e Escalante, polo leste con Bárcena de Cicero e Voto, polo sur con Solórzano e polo oeste con Ribamontán al Monte.
O municipio está atravesado polo río Campiazo, a autovía A-8, a estrada nacional N-634 e a liña de FEVE Santander-Bilbao.
Índice |
Localidades [editar]
- Beranga (Capital).
- Hazas de Cesto.
- PravesPraves.
Historia [editar]
As primeiras noticias documentadas sobre Hazas de Cesto atópanse no Cartulario de Santa María del Puerto (Santoña) e datan de 1213. O Becerro de las Behetrías, de 1351, sitúana baixo a dependencia da casa de Solórzano.
Posteriormente, no Catastro do Maqués de Ensenada, realizado en 1753, indícase que é de realengo.
Núcleo de poboación [editar]
Hazas de Cesto é tamén unha localidade do municipio. No 2008 tiña unha poboación de 429 habitantes (INE). Está situado a unha altitude de 65 metros sobre o nivel do mar, e a 2 quilómetros da capital municipal, Beranga. Nesta localidade naceu Juan Ignacio Solana de la Escallada (1920–1987), relixioso.
Patrimonio [editar]
Deste municipio destaca o Edificio de “Los Corros”, en Beranga, ben inventariado.
Demografía [editar]
As cifras do Instituto Cántabro de Estadística asignan a Hazas de Cesto unha poboación de 1.347 habitantes no 2008, aumentando con respecto ao ano anterior.
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1.258 | 1.293 | 1.483 | 1.664 | 1.682 | 1.771 | 1.712 | 1.593 | 1.413 | 1.371 | 1.260 | 1.281 | |
Fonte: INE
Administración [editar]
As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e 2007.
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Mazarrasa Mowinckel, Karen: Catálogo monumental de los ayuntamientos de Hazas de Cesto y Solórzano. Centro de Estudios Montañeses. Santander. 1999.
- Vierna, Fernando de: "Respuestas Generales de Hazas de Cesto al Catastro del Marqués de la Ensenada", en "Altamira" nº 65. Centro de Estudios Montañeses. Santander. 2005.