Castañeda
Coordenadas: 43°18′41″N 03°55′41″W / 43.31139°N 3.92806°W
| Castañeda | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade Autónoma: | Cantabria |
| Comarca: | Valles Pasiegos |
| Xeografía | |
| Altitude: | 54 msnm |
| Superficie: | 19,19 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 2.293 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 119,49 hab./km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Miguel Ángel López Villar (PRC) (2007) |
| Sitio na web: | |
Castañeda é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Piélagos e Villaescusa, polo oeste con Puente Viesgo, polo sur con Santiurde de Toranzo e polo leste con Santa María de Cayón.
O municipio está situado na cunca do río Pas, na comarca do Pas-Miera. Por Castañeda discorre o río Pisueña.
Índice |
Localidades [editar]
- La Cueva
- Pomaluengo (Capital)
- Socobio
- Villabáñez
Economía [editar]
Tradicionalmente, as actividades económicas do municipio foron as do sector primario: agricultura e gandaría, pero grazas ás industrias próximas e ao turismo, a actividade despregouse cara os sectores secundario e de servizos.
Historia [editar]
Desde a Idade Media, cando Henrique II de Castela entregou estas terras en señorío a seu irmán o infante Don Tello de Castela, e Xoán II de Castela as instituíu en condado, Castañeda estivo vinculada durante a baixa Idade Media e todo o Antigo Réxime á casa dos Marqueses de Aguilar de Campoo cuxos primoxénitos ostentaron tradicionalmente o título de condes de Castañeda.
Patrimonio [editar]
Destaca a Colexiata da Santa Cruz, en Socobio, ben de interese cultural con categoría de monumento. Ademais, é ben inventariado o muíño El Carabío, en Pomaluengo. Outras obras arquitectónicas destacadas son o Palacio da Gándara, da Idade Moderna, o Palacio de Larrinaga, dos anos 30 do século XX (Casa do Concello), a ermida de San Fernando no barrio de Colsa, con frescos do século XVI e a Torre do Reloxo en Pomaluengo, antigas escolas.
Demografía [editar]
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1.112 | 1.127 | 1.323 | 1.417 | 1.566 | 1.496 | 1.668 | 1.635 | 1.616 | 1.604 | 1.423 | 1.770 |
Fonte: INE
Personaxes ilustres [editar]
- Monseñor Don Carlos Osoro Sierra, Arcebispo de Valencia, naceu na localidade de Socobio.
Administración [editar]
As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Castañeda - Cantabria 102 Municipios