Arenas de Iguña
Coordenadas: 43°11′17″N 04°2′54″W / 43.18806°N 4.04833°W
| Arenas de Iguña | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade Autónoma: | Cantabria |
| Comarca: | Comarca do Besaya |
| Xeografía | |
| Altitude: | 177 msnm |
| Superficie: | 86,82 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.814 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 21,16 hab./km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | 39450 |
| Alcalde: | Ramón Morais Vallés (PP) (2007) |
| Sitio na web: | |
Arenas de Iguña é un concello español da Comunidade Autónoma de Cantabria. Tiña unha poboación de 1.867 habitantes en 2007. A súa área é de 86 km2.
Castros cántabros poñen de manifesto a presenza humana desde séculos nestas terras. A actividade económica principal céntrase no sector primario combinándose co secundario dos municipios industriais próximos.
Índice |
Xeografía [editar]
Situado na comarca do Val do Besaya, limita polo norte con Cieza; polo oeste con Los Tojos; polo sur con Molledo e Bárcena de Pie de Concha; e poloi leste con Anievas e máis Corvera de Toranzo.
Encóntrase logo nun dos vales polos que o río Besaya conta cunha gran influencia. Este val comunícase co val de Buelna a través da garganta das Hoces del Besaya ou Mediahoz. Na paisaxe predominan as agras.
Historia [editar]
Durante o Antigo Réxime Iguña foi un dos numerosos señoríos que posuían en Cantabria os Marqueses de Aguilar de Campoo, Condes de Castañeda.
Arenas de Iguña tamén foi historicamente ruta importante de comercio coa meseta.
Localidades [editar]
Os 1.882 habitantes (INE, 2006) de Arenas de Iguña distribuíanse por:
- Arenas de Iguña (Capital), 588 hab.
- Bostronizo, 132 hab.
- Cohiño, 72 hab.
- Las Fraguas, 165 hab.
- Los Llares, 44 hab.
- Palacio, 41 hab.
- Pedredo, 241 hab.
- San Cristóbal, 174 hab.
- San Juan de Raicedo, 134 hab.
- San Vicente de León, 54 hab.
- Santa Águeda, 4 hab.
- La Serna, 233 hab.
Demografía [editar]
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2005 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2.414 | 2.499 | 2.225 | 2.607 | 2.729 | 2.812 | 3.041 | 2.763 | 2.599 | 2.374 | 2.041 | 1.897 |
Fonte: INE
Administración [editar]
Ramón Morais Vallés (PP) é o actual alcalde do municipio. Nestas táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas no 2003 e no 2007.
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Patrimonio [editar]
Destacan neste municipio os seguintes bens de interese cultural:
- Ermida de San Román de Moroso de Bostronizo, arquitectura mozárabe, (1931) con categoría de monumento.
- É un dos municipios con parte na zona arqueolóxica denominada "Xacementos de La Espina del Gallego, Cildá, El Cantón e Campo de Las Cercas"; os outros son Corvera de Toranzo, Anievas, Molledo, San Felices de Buelna e Puente Viesgo (Decreto 70/2002, de 6 de xuño).
- Esculturas orantes de Los Acebedos (século XVII) con categoría de Moble, (2003). Atópase no Palacio de "Los Hornillos" en Las Fraguas.
Ademais, están protexidas:
- Igrexa de San Juan de Raicedo, en San Juan de Raicedo, arquitectura románica, ben de interese local (2003).
- Portalada de Mesones, na localidade de Arenas de Iguña, século XVII, ben inventariado (2002).
Outros lugares de interese son:
- Palacio de los Hornillos, en Las Fraguas, arquitectura pintoresquista do século XIX.
- Viaduto de Pedredo, Autovía Cantabria-Meseta (A-67), 930 metros de lonxitude.
Personalidades [editar]
- Adriano García-Lomas: (1881–1972) escritor, folclorista e investigador
- Pedro Buenaga Pernía: (1917–2001) artesán de campás.
- Juan Bustamante y Bustamante Herrera González: militar do século XVII.
- Mariano Fernández de Henestrosa y Ortiz de Mioño: (1860–1919) duque do Santo Mouro, foi político e diplomático.
- Manuel González-Mesones y Díaz: (1906–1986) alcalde de Santander desde 1946 até 1967.
- P. Sebastián Fernández Alonso: da Orde Hospitalaria de San Juan de Dios, natural de Las Fraguas (1924).
Festas [editar]
- 16 de xullo, A Nosa Señora do Carme, Las Fraguas.
- Variable, o corpus en Arenas de Iguña.
- 8 de setembro, A Virxe do Camiño, Molledo de Portolín.
- Á semana seguinte da Nosa Señora, celébrase a Virxe do Moral, en Pedredo e San Cristóbal.
- 1 de setembro, San Vicente
- 20 de agosto, Santa Lucía.