Cabezón de la Sal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localidade de Cabezón de la Sal.

Cabezón de la Sal é un municipio e unha vila da comunidade autónoma de Cantabria, España. Cabezón está situado na fouce de Santa Lucía, horadada polo río Saja paralelamente á Sierra do Escudo de Cabuérniga.

Cabezón de la Sal limita cos seguintes municipios: ao norte con Udías e Alfoz de Lloredo, ao sur con Ruente e Mazcuerras, ao leste con Reocín e ao oeste con Valdáliga.

Historia[editar | editar a fonte]

Cabezón de la Sal ao estar situado no cruce de camiños para Asturias de Oviedo. e ter a Ruta dos Foramontanos (cara Campoo e Castela) tivo historicamente unha situación estratéxica que a beneficiou. Por outra parte, a ruta dos foramontanos tamén foi unha das vías de repoboación durante a Reconquista.[1]

En 1544, o Val de Cabezón, ademais de outros vales de Asturias de Santillana, emprenderon o Preito dos Nove Vales, que resolveu que o Rei dominaría estes vales fronte ao abolido poder señorial. Posteriormente, en 1630, constituíse a Provincia dos Nove Vales, antecedente do que sería a provincia de Santander no século XVIII.

Máis recentemente, en 1979, a vila cabezonense foi dos primeiros concellos en reclamar a autonomía de Cantabria, da daquela provincia de Santander, como despois apoiarían a maioría destes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Atópase no comarca do Saja. Ocupa basicamente unha chaira, cunha cota máxima de 659 msnm, a mínima, de 79. A capital municipal está a 128 msnm.

O principal río que atravesa este municipio, desde o suroeste cara o nordeste, é o río Saja, que atravesa a Serra de Escudo de Cabuérniga por Hoz de Santa Lucía. Na localidade de Casar, hai un coto troiteiro, chamado "Coto Caranceja", que se estende, ademais, polos municipios de Alfoz de Lloredo e Reocín.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Forma parte da Reserva Nacional de Caza do Saja; dentro do municipio está o Lote San Cifrián, de caza maior. Predominan os bosques de ribeira de ameneiros, salgueiros e chopos. Existen parques urbanos en Cabezón e Carrejo, ademais de estaren rexistradas como árbores singulares o teixo (Taxus baccata L.) de Periedo, as sequoias de Igareda, o arborado do Feiral e dous notables Sequoiadendron no terreo do Centro Cultural Matilde de la Torre (Cabezón de la Sal).

Predominan os paxaros como o rabirrubio real, cormoráns grandes, ánades...

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

A súa capital encóntrase asentada xeoloxicamente sobre un diapiro salino antano explotado mediante grandes cantidades de auga que extraían o mineral do subsolo e que posteriormente se quentaba co lume para a evaporación e decantación do sal. A presencia e explotación deste depósito evaporítico, provocou que haxa áreas do municipio con perigo de subsidencia, cos chamados "Afundimentos de Cabezón de la Sal", no casco urbano da capital municipal.

Demografía[editar | editar a fonte]

1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2005
2.787 3.005 3.212 3.837 4.110 4.484 4.638 4.986 6.056 6.789 7.971

Fonte: INE

Localidades[editar | editar a fonte]

Os 8.234 habitantes de Cabezón de la Sal (INE, 2008) distribuíanse por:

  • Bustablado, 55 habitantes, a 5 quilómetros da capital municipal.
  • Cabezón de la Sal (Capital) con 5.262 habitantes, dos que 142 están en poboamentos diseminados.
  • Cabrojo, 211 hab., a 5 km da capital municipal.
  • Carrejo, 302 hab., dos que 107 están diseminados; a 1 km.
  • Casar, 816 hab., 9 deles diseminados; a 6 km.
  • Duña, 29 hab., a 5 km.
  • Ontoria, 520 hab., 11 deles diseminados; a 2 km.
  • Periedo, 108 hab., a 5 km.
  • Santibáñez, 173 hab., 38 deles diseminados; a 2 km.
  • Vernejo, 680 hab., 53 deles diseminados; a 2 km.
  • Virgen de la Peña, 78 hab., 13 deles diseminados; a 5 km.

Economía[editar | editar a fonte]

Gandaría e agricultura[editar | editar a fonte]

O sector primario é practicamente nulo, aínda que permanece o uso para pasto na Mancomunidade Campoo-Cabuérniga conxuntamente coa Hermandad de Campoo de Suso e outros municipios. A gandería para a produción de leite mantén certa presencia.

Industria e construción[editar | editar a fonte]

Debido á súa situación xeográfica, a importancia do sector servizos e a súa tradición industrial centrada en téxtil, mobles e cerámica, a poboación veu incrementándose continuamente durante todo o século XX.

Igualmente é importante a construción, conservándose a tradición de artesáns canteiros.

Servizos[editar | editar a fonte]

As empresas deste sector son individuais e heteroxéneas. Existe un importante comercio minorista e hostelería. É un dos centros comerciais do Occidente cántabro. Ten feira todos os sábados.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

O concello está atravesado pola Autovía do Cantábrico e pola liña de ferrocarril de FEVE Santander - Oviedo, sendo Cabezón o final da liña de proximidades que parte desde Santander.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O xornalista cántabro Víctor de la Serna, que viviu a súa infancia nesta localidade, e estudoso do tema, publicou en 1956 o libro La Ruta de los Foramontanos, premiado co Premio Nacional de Literatura.