Marina de Cudeyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Pedreña, ao fondo a cidade de Santander.

Marina de Cudeyo é un municipio da comarca de Trasmiera, na comunidade autónoma de Cantabria, España. Sitúase a 14 quilómetros de Santander concretamente ao Sur da Baía de Santander e está maioritariamente rodeado por auga, ao Norte atópase o concello de Ribamontán al Mar e dita baía, ao Leste Ribamontán al Monte, Entrambasaguas e a desembocadura do Miera, coñecida como Ría de Cubas, ao Sur Medio Cudeyo e a Ría de Tijero e para rematar ao Oeste o municipio de El Astillero do que lle separa a Ría de San Salvador.

Demografía[editar | editar a fonte]

1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2005
2.435 2.947 3.383 3.939 4.295 4.589 4.946 4.747 4.563 4.576 4.765 5.000

Fonte: INE