Vega de Pas
| Vega de Pas | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade Autónoma: | Cantabria |
| Comarca: | Valles Pasiegos |
| Xeografía | |
| Altitude: | 358 msnm |
| Superficie: | 87,53 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 881 hab. (2009) |
| Densidade de poboación: | 10,07 hab./km² |
| Xentilicio: | Pasiego/a |
| Información | |
| Código postal: | 39xxx |
| Alcalde: | Víctor Manuel Gómez Arroyo (PRC) (2007) |
| Sitio na web: | www.ayto-vegadepas.com |
Coordenadas: 43°9′34″N 3°46′52″W / 43.15944°N 3.78111°W Vega de Pas é unha localidade e concello da comunidade autónoma de Cantabria, na comarca do Pas-Miera, na cabeceira do río Pas.
Índice |
Localidades[editar]
Os seus 909 habitantes (INE, 2006) distribúense por:
- Candolías, 123 hab.
- La Gurueba, 82 hab.
- Guzparras, 22 hab.
- Pandillo, 173 hab.
- Vega de Pas (Capital), 311 hab.
- Yera, 133 hab.
Municipios limítrofes[editar]
Limita polo norte con Selaya, Villacarriedo e Santiurde de Toranzo, polo oeste con Luena e San Pedro de Romeral, polo leste con San Roque de Riomiera e polo sur con Espinosa de los Monteros da Provincia de Burgos (Castela e León).
Economía[editar]
Predomina o sector primario, cun 44,9 % da poboación empregada na agricultura e a gandería. Un 14,6 % da poboación emprégase na construción, un 10,8 % na industria e, por último, un 30,4 % no sector servizos.
Patrimonio[editar]
Os Edificios na leira do doutor Madrazo son Bens incluídos dentro do Inventario Xeral de Cantabria, segundo resolución publicada no Boletín oficial de Cantabria de 17 de febreiro de 2003.
Demografía[editar]
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2.066 | 2.015 | 2.059 | 2.032 | 2.072 | 1.897 | 1.858 | 1.493 | 1.343 | 1.293 | 1.004 | 916 |
Fonte: INE
Administración[editar]
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||