Noja
Coordenadas: 43°28′53″N 3°31′7″W / 43.48139°N 3.51861°W
| Noja | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade Autónoma: | Cantabria |
| Comarca: | Trasmiera |
| Xeografía | |
| Altitude: | 10 msnm |
| Superficie: | 9,2 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 2.613 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 284,02 hab./km² |
| Xentilicio: | nojeño, nojarense |
| Información | |
| Código postal: | 39xxx |
| Alcalde: | Jesús Díaz Gómez (PP) (2007) |
| Sitio na web: | www.nojaatodacosta.com |
Noja é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, situado na comarca de Trasmiera. Limita polo norte co Mar Cantábrico, polo oeste e o sur con Arnuero, polo sur con Argoños e polo leste con Santoña. O municipio de Noja non se organiza en localidades, senón que consta só de varios barrios, sendo sede do consistorio o barrio de Palacio.
Índice |
Historia [editar]
Noja pertenceu desde o século IX até 1834 á Junta de Siete Villas, unha das cinco xuntas que compoñían o Meiriñado de Trasmiera. Un feito destacable da historia local é que en 1644 Noja recibiu de Filipe IV o título de vila, o que lle permitiu ser independente desta xunta e capacitada para nomear as seus propios alcaldes.
Desde finais do século XIX Noja é famosa como destino turístico e actualmente, o turismo é a principal actividade económica, que multiplica a poboación municipal até chegar aos 100.000 habitantes no verán grazas aos visitantes chegados principalmente do País Vasco, A Rioxa, Madrid e Castela e León. A explicación á chegada de tantos turistas débese ás praias do municipio e á masiva construción de novas vivendas, que fóra de tempada fican deshabitadas.
Barrios [editar]
Noja constitúese nunha soa localidade homónima, que á súa vez se divide en diversos barrios, que son:
|
|
Patrimonio [editar]
Ten catro bens de interese cultural, todos con categoría de monumento:
- Torre dos Velasco.
- Casa para Obdulia Bonifaz (Palacio do Marqués de Albaicín).
- Casa palacio de Zilla.
- Muíño de Victoria, na marisma de Victoria, que serviu para xerar enerxía coas augas das marismas.
Ademais, son bens inventariados:
- Casona de Assas.
- Chalet para don Manuel Morales.
- Casa-palacio de Venero, onde viviu Francisco de Venero Cabanzo, construída no século XVII.
- Ermida de San Xoán.
- Ermida de San Nicolás.
- Ermida de San Pedro.
Tamén cabe destacar:
- Palacio Torre do Carme.
Recursos naturais [editar]
As Marismas de Santoña, Victoria e Joyel, situada cada unha nun extremo do municipio, son un gran atractivo como reserva natural e para as aves, que tamén recalan nas marismas de Santoña nas súas migracións.
Economía [editar]
Un 3,3 % da poboación do municipio emprégase no sector primario, un 33 % na construción, un 11,5 % na industria e un 52,2 % no sector terciario. No municipio a taxa de actividade é do 51,7 % e a taxa de paro é do 17 %, cando a media en Cantabria é de 52,5 % e 14,2 % respectivamente.
Demografía [editar]
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 655 | 641 | 786 | 940 | 983 | 980 | 1.058 | 1.170 | 1.273 | 1.609 | 2.019 | 2.425 |
Fonte: INE
Personaxes ilustres [editar]
- Luis Vicente de Velasco e Isla, mariño do século XVIII
Administración [editar]
As seguintes táboas mostran os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003 e 2007.
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||