Santoña
Coordenadas: 43°26′29″N 3°27′27″W / 43.44139°N 3.4575°W
| Santoña | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade Autónoma: | Cantabria |
| Comarca: | Trasmiera |
| Xeografía | |
| Altitude: | 7 msnm |
| Superficie: | 11,53 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 11.569 hab. (2009) |
| Densidade de poboación: | 1.003,38 hab./km² |
| Xentilicio: | Santoñés/a |
| Información | |
| Código postal: | 39740 |
| Alcalde: | María Puerto Gallego Arriola (PSC-PSOE) (2007) |
| Sitio na web: | www.aytosantona.org |
Santoña é unha vila que se encontra na zona oriental de Cantabria, en España, situada na baía do seu nome, ao pé do monte Buciero. Dista uns 45 km da capital, Santander. A cidade de Santoña está limitada ao norte pola praia de Berria, ao sur pola praia de San Martín, ao leste polo monte Buciero e ao oeste polo porto pesqueiro e a nova sección de porto deportivo que á súa vez ten ao oeste as marismas.
Índice |
Xeografía [editar]
A acción do curso baixo do río Asón formou a chamada ría de Treto que desemboca no estuario e cuxos sedimentos de abundantes limos formaron o ecosistema da marisma santoñesa. O monte Buciero elévase a uns 400 m; ocupa unha superficie maior que a metade do total do Municipio. En tempos pasados as súas ladeiras estaban roturadas con terrazas que se aproveitaban para o cultivo. Na actualidade a súa vexetación é de sotobosque e matorral, con loureiros, abruñeiros, abeleiras, teixos e érbedos. A base do monte polo lado que dá ao mar está configurada por unha costa irregular e sinuosa que ofrece un grande acantilado. Rodeando o monte polo seu lado sur encóntrase a praia de San Martín, que é a entrada á baía. Fronteiro a esta praia aparece un areal chamado O Puntal, pertencente á localidade de Laredo. Coa praia de San Martín comeza a cidade pola parte sur.
A praia de Berria encóntrase no norte de Santoña. Formouse polos arrastres que depositaron dúas correntes de mar de dirección contraria, N-S e S-N. Santoña era na antigüidade case unha illa e as súas augas vertían por esta parte da praia, mais foise enchendo a saída da auga pola acción dos ventos, formando un banco de area e unha liña de dunas con vexetación que foron impedindo o desaugue para o mar norte e formaron así un istmo, que son as actuais marismas. Parece ser que o canal que atravesa as marismas, chamado Canal de Boó, era o que efectuaba o dito desaugue. As marismas son dun gran valor ecolóxico, reserva natural e zona protexida. Abarcan 3.500 hectáreas nas que están comprendidas unha parte de Noja, Colindres e Limpias, ademais da grande extensión da propia Santoña.
No límite oeste do Municipio encóntrase outro monte chamado o Brusco, dunha altitude de 250 m. e para o sur oeste o monte Montehano, xa no municipio de Escalante, onde está en convento do mesmo nome. Neste convento están sepultados os restos de Bárbara Blomberg, mai de don Xoán de Austria.
Demografía [editar]
Con 11.592 habitantes (INE, 2005), este municipio era o oitavo núcleo máis poboado de Cantabria; aínda que ten o posto 94 en canto a superficie.
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2005 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 4.339 | 6.315 | 7.327 | 7.024 | 11.136 | 8.938 | 9.082 | 10.633 | 11.003 | 11.211 | 11.556 | 11.592 |
Fonte: INE
.
Administración [editar]
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ligazóns externas [editar]
- Foto de Google, con marea alta