Val de San Vicente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Val de San Vicente
Situación xeográfica
Val de San Vicente (Cantabria) Mapa.svg
País España España
Comunidade Autónoma Cantabria
Comarca Costa Occidental
Xeografía
Altitude 50 msnm
Superficie 50,9 km²
Poboación
Poboación 2.784 hab. (2009)
Densidade 54,7 hab./km²
Información
Código postal 39xxx
Alcalde Miguel Ángel González Vega (PSC-PSOE) (2007)
Páxina web www.aytovaldesanvicente.com

Val de San Vicente é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Limita polo norte co Mar Cantábrico, polo oeste co concello asturiano de Ribadedeva, polo sur con Herrerías e polo leste con San Vicente de la Barquera.

Val de San Vicente é o municipio máis occidental da costa cántabra e está situado na desembocadura dos ríos Deva e Nansa, que aportan as súas augas ao mar nas rías de Tina Mayor e Tina Menor respectivamente.

A súa actividade económica principal é o turismo. Tamén a industria alimentaria fíxose un oco na economía de Val de San Vicente coas corbatas como principal produto, típico da zona.

O territorio está atravesado pola Autovía do Cantábrico e pola liña de ferrocarril de FEVE Santander-Oviedo. De Unquera parte a principal estrada que comunica a comarca de Liébana coa costa e o resto de Cantabria.

Durante o Antigo Réxime este municipio pertencía como señorío aos Marqueses de Aguilar de Campoo.

Localidades[editar | editar a fonte]

Os seus 2.670 habitantes (INE, 2006) distribúense por:

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2006
2.570 2.749 2.575 2.641 2.892 3.026 3.081 2.777 2.408 2.621 2.560 2.670

Fonte: INE

Administración[editar | editar a fonte]

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 1001 54,91 % 6
PP 449 24,63 % 3
PRC 308 16,90 % 2
  • Alcalde electo: Miguel Ángel González Vega (PSC-PSOE).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 1095 59,71 % 8
PP 397 21,65 % 2
PRC 180 9,81 % 1
  • Alcalde electo: Miguel Ángel González Vega (PSC-PSOE).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Existen no municipio os seguintes bens de interese cultural:

Hai, ademais, un Ben de interese local, as Ruínas da antiga igrexa medieval do cemiterio de Portillo.

Concello irmán[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Val de San Vicente