Autoestrada Central Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AP-53 / AG-53
Autoestrada Central Galega
AG-53 por Listanco.jpg
Tipoloxía Autoestrada de peaxe / Autovía
Rede Rede de estradas do Estado - Rede de estradas de Galicia
Inicio Santiago de Compostela
Fin Ourense - A-52
Lonxitude 87 km

A Autoestrada Central Galega ou Autoestrada Santiago - Ourense é unha vía de altas prestacións que interconecta estas dúas cidades, enlazando a AP-9 coa A-52 respectivamente. A vía divídese en dous treitos, dende Santiago de Compostela ata o Alto de Santo Domingo (Dozón) é coñecida como AP-53, de peaxe e dependente do Ministerio de Fomento, mentres que dende Dozón ata o enlace coa A-52 preto de Ourense é coñecida como AG-53, dependente da Xunta de Galicia e ceibe de pago.

A finalidade da autoestrada é desconxestionar a saturada N-525. Entre xullo e agosto do 2008 a AP-53 acadou unha media de 6.000 vehículos diarios[1], mentres que a AG-53 acadou os 9.000 vehículos diarios[2] ós oito meses da súa posta en servizo.

Construción[editar | editar a fonte]

O proxecto da autoestrada iníciase baixo o mandato na Xunta de Manuel Fraga e con Xosé Cuíña como conselleiro de Política Territorial. A idea é unha autoestrada de peaxe de competencia estatal para unir Santiago e Ourense. Así en outubro de 1999 adxudícase a obra da AP-53 a unha agrupación de trece empresas e o dereito para a concesionaria, ACEGA, de cobrar peaxe durante 75 anos (ata ó 2074). Para a construción a Xunta tivo que achegar 60 millóns de euros a fondo perdido, mentres que Fomento fixo un préstamo doutros 60 millóns e a concesionaria aportou 162 millóns. A construción levouse a cabo por treitos:

Tramo Lonxitude (km) Inauguración
Santiago de Compostela - Silleda 33 Decembro 2002
Silleda - Lalín Leste 13 Decembro 2003
Lalín Leste - Alto de Santo Domingo (Dozón) 10 Xuño 2004


O goberno central de José María Aznar rexeita a construción do treito Dozón - Ourense por mor do escaso tráfico da AP-53. A Xunta toma a iniciativa de rematar a autoestrada ata Ourense en solitario creando, en xullo de 2003, a sociedade pública ACEOUSA, para a construción e explotación da vía e facendo unha inversión de 178,9 millóns de euros. Está é a razón pola cal a autoestrada cambia de nome nese tramo. A AG-53 é construída en dous treitos:

Tramo Lonxitude (km) Inauguración
Alto de Santo Domingo (Dozón) - San Cristovo de Cea 17 Outubro 2007
San Cristovo de Cea - Barbantes (enlace A-52) 14 Abril 2009


A Xunta de Emilio Pérez Touriño libera a AG-53 de peaxe para os usuarios, establecendo unha peaxe na sombra, baixo a cal é a Xunta quen paga directamente á concesionaria (ACEOUSA). Tamén modifica a saída de Piñor creando un enlace completo no canto dun semienlace só con Ourense como se tiña proxectado.

A autoestrada ó completo ponse en servizo ó 25 de abril do 2009 sen acto inaugural, tras un comunicado da garda civil de tráfico de Ourense[3]. A razón de que non houbera acto político inaugural, fora o recente cambio de goberno que se produciu, e ó novo executivo non lle correspondía inaugurala. A placa de inauguración autoestrada di "O último treito da autoestrada Santiago - Ourense foi inaugurado ó 25 de abril do 2009. Sirva esta placa en lembranza ós que participaron no seu deseño e construción."[4]

O ramal ao Carballiño denominado AG-54, é un treito de autovía de 5 quilómetros que conecta Maside e a capital da comarca ca AG-53. A inversión neste ramal estaba presupostado na construción da AG-53. Inaugurouse en outubro de 2009.

Peaxe[editar | editar a fonte]

O treito de autoestrada xestionado por ACEGA (Autoestrada Central Galega C.E.S.A.) consta de dúas estacións semitroncais de peaxe (en Vedra e Ponte) e tres accesos (Ribadulla, A Bandeira e Ponte, Silleda). Os tres accesos de Lalín son libres de peaxe, facendo así de circunvalación exterior da vila, tamén está libre de pago o semienlace de Dozón.

O treito xestionado por ACEOUSA (Autoestrada Central Ourense SA) é sufragado pola Xunta en función dos vehículos que a utilicen. O prezo por quilómetro que a Xunta ten que pagar é o mesmo que o que pagan os usuarios na AP-53[5].

Problemática da peaxe[editar | editar a fonte]

O traxecto dende Santiago ata Dozón cóbrase a 5,15 € para turismos e a 8,65 € para camións tras continuas subidas dende a súa posta en servizo cando custaba 4,60 €. Estes altos prezos fan que sexa moi pouco utilizada por camións, que seguen a circular pola N-525 durante o treito de pago.

O problema da peaxe está en parte xerado pola gratuidade da autoestrada dende Lalín a Dozón, o que produce que se cobre a viaxe completa ata Dozón aínda que se saia na primeira saída de Lalín, 15 km de diferenza.

Alberto Núñez Feijóo prometeu durante a campaña electoral de 2009 rebaixar a peaxe, pero unha vez no goberno, supeditou a redución do prezo ao traspaso da autoestrada por parte de Fomento á Xunta[6]

Infraestruturas destacables[editar | editar a fonte]

  • Viaduto do Ulla, de 700 m de lonxitude e altura de ata 65 m.
  • Viaduto do Barbantiño, de 780 m de lonxitude e altura de ata 80 m.
  • Viaduto do Miño, de 440 m de lonxitude.

Saídas[editar | editar a fonte]

número de saída nome da saída estrada coa que liga
Spain traffic signal s1.svg Santiago de Compostela - Boqueixón - Vedra
A Coruña - Vigo
A Estrada - Teo
 N-525 
 AP-9 
 AC-841 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 2 A Estrada - Cacheiras  AG-59 
Spain traffic signal r200a.svg Sentido Santiago Peaxe de Vedra
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 15 Ponte Ulla - Pontevea
A Estrada
 AC-241 
 CP-8902 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 24 A Bandeira - Chapa
A Estrada - Caldas de Reis
 N-525 
 N-640 
SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.pngTeléfonoAutovia.pngCafeteria.png Área de Servizo de Silleda
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 33 Silleda
Vila de Cruces
Forcarei
 N-525 
  PO-205 
  PO-2205 
Spain traffic signal r200a.svg Sentido Ourense Peaxe de Silleda
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 41 Lalín Oeste - Polígono Industrial Lalín 2000
Lugo
 N-525 
 N-640 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 46 Lalín Centro - Polígono Industrial de Botos
Forcarei
Chantada
O Irixo
 N-525 
 PO-534 
 PO-533 
 PO-902  
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 50 Lalín Leste  N-525 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 56 (Só en sentido Ourense) Dozón  N-525 
Spain traffic signal s2.svgSpain traffic signal s1.svg Fin da AP-53, pasa a ser AG-53  AG-53 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 65 Piñor
Ourense
 N-525 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 73 San Cristovo de Cea
O Carballiño
 OU-504  
 N-541 
 N-525 
Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 78 Ramal ó Carballiño
O Carballiño
Maside
 AG-54  Enlace AG-54 coa AG-53.jpg
SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.pngTeléfonoAutovia.pngCafeteria.png 79 Área de Servizo do Barbantiño (por licitar)[7]
Spain traffic signal s2.svg Ourense
Benavente
Vigo
Cortegada
 A-52 
 OU-402  

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]