Antropoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Antropólogo")

A antropoloxía (do grego ἄνθρωπος e λόγος, anthropos logos, «coñecemento do ser humano») é a ciencia social que estuda todas as dimensións do ser humano de forma similar á socioloxía, pero holisticamente. Principalmente enfocada desde a cultura e por medio do método etnográfico como expoñente clásico.

A antropoloxía nace coma unha rama da filosofía que nas súas orixes se dedicaba ao estudo científico da historia. Ao impoñerse na cultura occidental o método científico, diversos autores pensaron que os fenómenos históricos tamén podían acharse gobernados por leis que podían pescudarse, enunciarse e ser utilizadas para a predición de resultados. Así mesmo coincide o seu desenvolvemento inicial co proceso de colonización europeo e a necesidade do estudo e descrición das sociedades non occidentais en América, Asia, Oceanía e África. Esta concepción abandónase durante o século XX, entendéndose actualmente por antropoloxía, segundo Marvin Harris, "o estudo da humanidade, dos pobos antigos e modernos e dos seus estilos de vida".

Contexto histórico e institucional[editar | editar a fonte]

O antropólogo Eric Wolf algunha vez definiu á antropoloxía como "a máis científica das humanidades e a máis humanista das ciencias", tratando de explicar como o desenvolvemento da antropoloxía contribuíu a entender a forma de encaixar desta ciencia, dentro doutras disciplinas.

Os antropólogos contemporáneos fan remontar a orixe da súa disciplina á obra de varios pensadores do pasado. Con todo, resulta máis exacto considerar que o nacemento da antropoloxía tivo lugar no Século das Luces, cando en Europa se realizaron os primeiros intentos sistemáticos de estudar o comportamento humano. A xurisprudencia, a historia, a filoloxía e a socioloxía coñeceron un importante cultivo durante esta época, contribuíndo ao desenvolvemento das ciencias sociais, das que forma parte a antropoloxía. Ao mesmo tempo, a reacción romántica contra o movemento ilustrado produciu filósofos como Herder, e, posteriormente, Wilhelm Dilthey, cuxa obra é a base dos conceptos culturais que constitúen a base da antropoloxía.

Estes movementos intelectuais en parte lidaron cun dos maiores paradoxos da modernidade: como o mundo se empequenece e se integra, a experiencia da xente do mundo é cada vez máis atomizada e dispersa. Como Karl Marx e Friedrich Engels observaron na década dos 40s:

Todas as vellas industrias nacionais, foron ou están sendo destruídas a diario. Son desprazadas por novas industrias, cuxa introdución, convértese nun tema de vida ou morte para as nacións civilizadas, por industrias que non traballan só con materias primas locais, senón tamén, con materias primas traídas dos lugares máis remotos; industrias cuxos produtos, non son consumidos só pola poboación local, senón tamén por xente de todo o globo. En lugar das antigas demandas de consumo, satisfeitas pola produción do país, atopamos novas necesidades, requirindo para a súa satisfacción, produtos de lugares e climas distantes. En lugar do antigo illamento nacional e a auto-suficiencia, temos relacións en todas as direccións, interdependencia universal de nacións.

Ironicamente, esta interdependencia universal, no canto de levar a unha maior solidariedade na humanidade, coincidiu co aumento de divisións raciais, étnicas, relixiosas e de clase, e algunhas expresións culturais confusas e perturbantes. Estas son as condicións de vida que a xente na actualidade debe confrontar, pero teñen a súa orixe en procesos que empezaron no século XVI e aceleráronse no século XIX.

Institucionalmente, a antropoloxía emerxeu da historia natural (exposta por autores como Buffon). Este era o estudo dos seres humanos, xeralmente europeos, vivindo en colonialismo. Este estudo da linguaxe, cultura, fisioloxía, e artefactos das colonias europeas, era o equivalente ao estudo da flora e a fauna deses lugares. Por iso puido, por exemplo, escribir Lewis Henry Morgan á vez monografías tanto sobre A Liga dos Iroqueses como sobre O castor americano e as súas construcións. Tamén é por iso, que a cultura material de nacións 'civilizadas' como a Chinesa, foron exhibidas historicamente nos museos dedicados á arte, xunto a obras europeas, mentres que os artefactos de África ou das culturas nativas de América mostrábanse nos museos de Historia Natural, á beira dos ósos de dinosauro ou os dioramas de paisaxes. Dito isto, a práctica curatorial cambiou dramaticamente en anos recentes, e sería incorrecto ver a antropoloxía como simplemente unha extensión da regra colonial e do chovinismo europeo, posto que a súa relación ao imperialismo era e é complexa.

A antropoloxía foi crecendo distinguíndose da historia natural e para finais do século XIX a disciplina comezaba a cristalizarse na súa forma moderna. Para 1935, por exemplo, para T.K. Penniman lle foi posible escribir a historia da disciplina titulada 100 anos de Antropoloxía. Para este momento, este campo estaba dominado polo método comparativo. Asumíase que todas as sociedades pasaron por un único proceso evolutivo, do máis primitivo, ao máis avanzado. Así, as sociedades non europeas, foron vistas como fósiles viventes da evolución, que puideron ser estudadas para entender o pasado europeo. Eruditos escribiron historias de migracións prehistóricas, as cales foron algunhas valiosas e outras moi fantásticas. Foi durante este período, que os europeos puideron, por primeira vez, rastrexar as migracións polinésicas a través do Océano Pacífico, por exemplo, aínda que algúns crían que se orixinaron en Exipto. Finalmente, o concepto de raza estaba sendo discutido moi activamente como modo de clasificación de outorgar un nivel aos seres humanos baseados nas diferenzas biolóxicas herdadas.

No século XX, as disciplinas académicas comezaron a organizarse ao redor de tres principais dominios: Ciencia, Humanismo e as Ciencias sociais. O das ciencias, busca derivar leis naturais a través de experimentos falsables e reproducibles. A humanística reflectía un intento de estudar diferentes tradicións nacionais, a partir da historia e as artes, como un intento para prover á xente nas nacións-estados emerxentes un sentido de coherencia. As ciencias sociais emerxeron para este momento coma un intento de desenvolver métodos científicos para achegarse ao fenómeno social, tratando de prover bases universais para o coñecemento social. A antropoloxía non cabo facilmente nunha destas categorías, e cada rama diferente da antropoloxía caben nun ou máis destes dominios.

Baseándose nos métodos das Ciencias naturais, como tamén creando novas técnicas que involucraban, non só entrevistas estruturadas senón observacións participativas desestruturadas; e baseándose na nova Teoría da evolución a través da Selección natural, propuxeron un estudo científico dun novo obxecto: a humanidade, concibida como un todo. É crucial, o concepto de cultura, para este estudo, o cal os antropólogos denominaron como unha capacidade universal e como a propensión social para aprender, pensar, e actuar (que ven como un produto da evolución humana e algo que distingue ao Homo Sapiens; e quizais a todas as especies do xénero Homo; doutras especies), e como unha adaptación particular ás condicións locais que toman as forma de credos e practicas altamente variables. Por isto, a cultura non só transcende a oposición entre a natureza e a consolidación; transcende e absorbe peculiarmente as distincións entre política, relixión, parentesco, e economía europeas como dominios autónomos. A antropoloxía por isto supera as divisións entre as ciencias naturais, sociais e humanas ao explorar as dimensións biolóxicas, lingüistas, materiais e simbólicas da humanidade en todas as súas formas.

Campos e subcampos da antropoloxía[editar | editar a fonte]

Disciplinas relacionadas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]