Etnomusicoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A etnomusicoloxía é o estudo da música de tradición oral, anteriormente coñecida como musicoloxía comparada, os etnomusicólogos están interesados en poñer a música dentro do seu contexto cultural e recentemente ampliou o seu campo de estudo a todas as músicas vistas desde a antropoloxía. Naceu no século XIX e os primeiros cultivadores foron Béla Bartók, Constantin Brailoiu e Diego Carpitella. Os estudosos da etnomusicoloxía habitualmente rexistran as pezas, trascríbenas fielmente, analizan o contexto e o texto e estudan a melodía.