Alfabeto africano de referencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Alfabeto africano de referencia é un alfabeto baseado no alfabeto latino proposto nunha conferencia organizada pola UNESCO en 1978. Foi creado para harmonizar as transcricións das linguas de África. O alfabeto ten como base a idea de relacionar unha letra para cada fonema, evitando os dígrafos.

Historia[editar | editar a fonte]

International African Alphabet

Desde o século XIX desenvolvéronse varios alfabetos para transcribir as linguas africanas. Karl Richard Lepsius creou o “Standard Alphabet by Lepsius”,[1] baseado no alfabeto latino, para transcribir xeróglifos exipcios. Nas edicións posteriores incluíu outras linguas africanas.

En 1928 Diedrich Westermann liderou o grupo de lingüistas que desenvolveu o “Africa Alphabet”,[2] tamén chamado “International African Alphabet”. Baseado no Alfabeto Fonético Internacional, era un alfabeto sen diacríticos, pero si con dígrafos. Foi creado no “International Institute of African Languages and Cultures” en Londres.[3]

A partir dos anos sesenta do século XX tiveron lugar varias conferencias sobre a alfabetización en África (Abidjan e Ibadan, 1964) nas que se recomendou a utilización das linguas maternas. Na conferencia de Bamaco de 1966 fíxose un estudo sobre as transcricións existentes de distintas linguas, encamiñado ao seu desenvolvemento.[4]

A conferencia de Niamey, que tivo lugar en xullo de 1978 estableceu o alfabeto para a harmonización das linguas da África subsahariana, tendo en conta especialmente as linguas faladas en varios países.[5] Baseouse en gran medida no “International African Alphabet”.

En 1982 os lingüistas Michael Mann e David Dalby, que asistiran á conferencia de Niamey, propuxeron unha revisión do alfabeto. Este alfabeto constaba de sesenta letras, xa que incluía ʌ, ƈ, ç, ɠ, ɦ, ɟ, λ, Tilde-as-letter.svg, ƥ, ɽ, ƹ e Ɂ e suprimía c̱, ḏ, ẖ, q̱, ɍ, s̱, ṯ, x̱, ẕ. O cambio fundamental era que as letras só tiñan versión minúscula. Tamén propuxeron un teclado africano.[6]

O alfabeto[editar | editar a fonte]

O alfabeto africano de referencia está composto por 57 letras, con maiúsculas e minúsculas.[7] Algúns dos grafemas consisten en letras latinas con sinais diacríticos, como trazos e ganchos:

Minúsculas a ɑ b ɓ c d ɖ ɗ ð
Maiúsculas A B Ɓ C D Ɖ Ɗ African Eth.svg
Minúsculas e ɛ ǝ f ƒ g ɣ h i ɪ
Maiúsculas E Ɛ Ǝ F Ƒ G Ɣ H I ɪ
Minúsculas j k ƙ l m n ŋ o ɔ p q
Maiúsculas J K Ƙ L M N Ŋ O Ɔ P Q
Minúsculas r ɍ s ʃ t ƭ ʈ θ u
Maiúsculas R Ɍ S Ʃ T Ƭ Ʈ Ɵ U
Minúsculas ʊ v ʋ w x y ƴ z LATIN SMALL LETTER Z WITH TOPHOOK.svg ʒ
Maiúsculas Ʊ V Ʋ W X Y Ƴ Z LATIN SMALL LETTER Z WITH TOPHOOK.svg Ʒ

Na versión manuscrita aparecen as letras ḍ, ḥ, ṣ, ṭ e ẓ cun punto inferior en lugar dun macron inferior.

Na relación de grafemas inclúense tamén diacríticos sobrescritos (agudo ( ´ ), grave ( ` ), circunflexo ( ^ ), caron ( ˇ ), macron ( ¯ ), til ( ˜ ), diérese ( ¨ ) e punto superior (˙)) e nove signos de puntuación (punto, coma, punto e coma, parénteses, comiñas, signo de interrogación e signo de exclamación).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]